Parvo
Parvo[1], estúpido[2] e necio[3], entre outros, son adxectivos referidos a quen posúe unha intelixencia escasa, alguén torpe ou cunha conduta pouco pertinente. Tamén se usa frecuentemente como insulto.
Usos da palabra
[editar | editar a fonte]Úsanse como sinónimos unha gran cantidade de termos. Cómpre destacar que algúns destes termos tómanse como pexorativos e algúns son considerados como bocaladas ou groserías.
Facerse "o parvo" é finxir enganosamente, non darse conta das cousas para lograr algún obxectivo. "Aparvar" é lograr que outra persoa actúe, convértase ou se comporte como un parvo.
Parvo é unha palabra que é cumpridamente "graduada". "Es medio parvo coas mulleres" podería aplicarse a un home intelixente, pero que por timidez comete erros coas mulleres. Así mesmo "es un completo parvo" usaríase para sinalar a quen toma sempre as opcións ou decisións incorrectas. "Pouco parvo" úsase para quen por medio de bobadas saese coa súa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parvo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estúpido.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para necio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As leis fundamentais da estupidez humana Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine., baseado na obra de Carlo M. Cipolla (1988), Allegro ma non troppo.