Nacionalismo córnico
O nacionalismo córnico é un movemento cultural, político e social que busca o recoñecemento de Cornualla como unha nación distinta de Inglaterra. O movemento nacionalista córnico baséase en que Cornualla ten unha identidade cultural celta diferente da identidade de Inglaterra, e que o pobo córnico ten unha identidade nacional, cívica e étnica separada do pobo inglés.[1] Segundo esta corrente ideolóxica, Cornualla debería ter garantido un grao de autonomía e ser representada na forma dunha Asemblea Nacional Córnica;[2] Ademais, os nacionalistas alegan que Cornualla é legalmente un ducado con dereito a veto na lexislación de Westminster, e non un simple condado de Inglaterra, que ademais nunca foi formalmente incorporado a Inglaterra a través dunha Acta de Unión, coma no caso galés, escocés e norteirlandés.[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Cornish: A Neglected Nation?". BBC History. Consultado o 1 de decembro de 2019.
- ↑ Mebyon Kernow - The Party for Cornwall. "Mebyon Kernow - The Party for Cornwall". Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "The Duchy of Cornwall – history supported by references to primary source material". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 6 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Angarrack, J. Our Future Is History. Independent Academic Press. 2002. ISBN 0-9529313-4-6.
- Deacon, B., Cole, D. & Tregidga, G. Mebyon Kernow and Cornish Nationalism. Welsh Academic Press. 2003. ISBN 1-86057-075-5.