Margie Adam
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Lompoc, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, pianista, música, cantautora |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Piano e voz |
Páxina web | margieadam.com |
Margie Adam, nada en 1947 en Lompoc, California é unha cantautora estadounidense. Adam é unha das pioneiras da chamada "women's music", corrente liderada por outras intérpretes como Ferron, Cris Williamson e Meg Christian.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Margie Adam naceu en 1947 en Lompoc, California.[1] O seu pai traballaba nun xornal e compuña cancións á vez, e a súa nai era unha pianista clásica. Adam empezou a tocar o piano a unha temperá idade. Gradouse na Universidade de California en 1971.
En 1973, mentres asistía ao Festival Musical de Mulleres de Sacramento, tocou algunhas cancións nunha sesión de micrófono aberto e a partir de alí empezou a súa carreira musical. O seguinte ano, o primeiro Festival Nacional Musical de Mulleres foi levado a cabo en Champaign-Urbana, Illinois. Adam estivo presente, xunto a Meg Christian e Cris Williamson. Esta reunión foi sumamente importante na creación do movemento "women's music".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Margie Adam, conference performer". The Power of Women's Voices Conference. Northampton, MA: Smith College. 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2010.