María Izquierdo Rojo
María Izquierdo Rojo, nada en Oviedo o 13 de setembro de 1946, é unha filóloga, profesora universitaria, activista feminista e política española. Aínda que de orixe asturiana, vive en Granada dende 1973, onde desenvolveu a súa vida profesional e política. Foi deputada dende a I até a III Lexislatura e europarlamentaria durante as lexislaturas III, IV e V.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorada en Filosofía e Letras pola Universidade de Oviedo, cunha tese sobre a narrativa de Juan Carlos Onetti coa que obtivo a cualificación cum laude e o premio fin de carreira, traballou primeiro no Colexio Universitario de Málaga e trasladouse definitivamente a vivir a Granada en 1973, onde desenvolveu a súa actividade profesional desde entón, e en cuxa Universidade é profesora titular.[1]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Ingresou no Partido Socialista Obrero Español e na Federación de Traballadores do Ensino da UXT en 1973. Aínda que ocupou cargos de representación en ámbalas dúas formacións, axiña se decantou pola actividade política, salientando a súa labor á fronte da reconstrución no interior do PSOE granadino durante os últimos anos da ditadura franquista.
Nas eleccións xerais de 1977 foi elixida deputada ó Congreso pola provincia de Granada, sendo reelixida en 1979 e 1986.
Iniciado o proceso autonómico tras a Lexislatura Constituínte, compaxinou a súa labor parlamentaria coa creación da estrutura preautonómica da Xunta de Andalucía. O 27 de maio de 1978, foi elixida parlamentaria pola circunscrición de Granada na Xunta Preautonómica de Andalucía, sendo Conselleira da mesma até a súa disolución en 1979.[2] Participou ademais no Relatorio do proxecto de Estatuto de Autonomía.[3]
En 1982, foi nomeada Secretaria de Estado para as Comunidades Autónomas, tempo no cal culminou a constitución de todas as Comunidades agás Ceuta e Melilla.[4] En 1989, foi elixida membro do Parlamento Europeo, integrada no Grupo Socialista, posto que ocupou até 2004.[5]
De 1979 a 1983 foi secretaria de Política Autonómica na Comisión Executiva Federal do PSOE. Foi tamén membro do Comité Federal socialista dende a legalización do partido até 1990.
No ano 2008, quedou excluída por primeira vez como delegada para os congresos nacional e rexional do PSOE a causa, segundo a propia deputada, de defender unha emenda a prol da democracia interna do partido no congreso provincial.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perfil de María Izquierdo. Congreso de Diputados". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Parlamentarios de la Junta Preautonómica de Andalucía por Granada". Fuentes de la Autonomía de Andalucía. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Informe de la Ponencia y votos particulares Proyecto de Estatuto de Autonomía para Andalucía." (PDF). Boletín Oficial del Estado. 23 de xuño de 1981. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Probable retraso en los traspasos de competencias a las comunidades autónomas". El País. 10 de decembro de 1982. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Ficha de María Izquierdo en el Parlamento Europeo". Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "María Izquierdo, excluida de los congresos del PSOE al ser castigada «por ser una niña mala»". Diario Ideal. 5 de xuño de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- Nados en 1946
- Nados en Oviedo
- Profesores da Universidade de Granada
- Alumnos da Universidade de Oviedo
- Políticos do PSOE
- Personalidades da política de Andalucía
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)