Lucio I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 200 Roma, Italia |
Morte | 5 de marzo de 254 (53/54 anos) Roma, Italia |
22º Papa | |
25 de xuño de 253 – 5 de marzo de 254 ← Cornelio, papa – Estevo I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 4 de marzo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Lucio I, nado en Roma e finado o 5 de marzo de 254, foi o 22º Papa da igrexa católica entre 253 e 254.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Porfirio, Lucio, que ao igual que moitos cristiáns sufría pena de desterro por orde do emperador Treboniano Galo, puido regresar a Roma trala morte deste en maio de 253 e ser elixido sucesor do papa Cornelio.
O seu pontificado foi moi breve, e durante o mesmo continuou a política do seu predecesor contra os novacianos.
Home de rigorosos costumes, prohibiu a cohabitación entre homes e mulleres que non fosen consanguíneos, e impuxo aos eclesiásticos a obriga de non convivir coas relixiosas que lles daban hospitalidade por sentimentos caritativos.
Aínda que nos martiroloxios aparece como mártir, non parece que fose certo, dado que cando faleceu, baixo o goberno do emperador Valeriano, os cristiáns eran tratados benevolamente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |