Fabián, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 200 Roma, Italia |
Morte | 20 de xaneiro de 250 (49/50 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Lugar de sepultura | San Sebastiano fuori le mura (pt) Basílica de San Pedro Crypt of the Popes (en) |
20º Papa | |
10 de xaneiro de 236 – 20 de xaneiro de 250 (Gregoriano) ← Antero – Cornelio, papa → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 20 de xaneiro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Fabian, St. |
Fabián,[1] falecido en Roma o 20 de xaneiro de 250, foi o vixésimo Papa da igrexa católica, entre o ano 236 e a súa morte no 250.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido papa durante as persecucións contra os cristiáns ordenadas polo emperador Decio. As extraordinarias circunstancias da súa elección foron relatadas polo historiador Eusebio de Cesarea, quen no tomo sexto da súa obra Historia da Igrexa relata como estando reunidos os electores para seleccionar ao sucesor do papa Antero, unha pomba se pousou sobre Fabián, un granxeiro laico que se encontraba en Roma accidentalmente e como simple espectador. O pobo tomou isto como un sinal milagroso de Deus, que escollía a Fabián como o seu candidato, e inmediatamente procederon á súa ordenación como sacerdote e bispo.
Debido ao crecemento de Roma dividiu a cidade en sete distritos, poñendo a cargo de cada un deles a un diácono para o seu goberno e administración.
Consagrou a varios bispos, entre eles a San Denis de París, ao que enviou a misionar á Galia. Segundo a tradición, Fabián instituíu as catro ordes menores.
Estableceu que todos os anos o Xoves Santo fose renovado o Santo Crisma, queimándose o do ano anterior. Tamén regulou que o Santo Crisma debería prepararse con aceite mesturado con bálsamo.
Fabián morreu mártir baixo a persecución de Decio, sendo soterrado na catacumba de San Calisto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fabián, san". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.