Bieito IX, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Teofilatto Roma, Italia |
Morte | c. 1055 Grottaferrata, Italia (pt) |
Lugar de sepultura | Cathedral of Grottaferrata (en) |
150º Papa | |
novembro de 1047 (Gregoriano) – xullo de 1048 (Gregoriano) ← Clemente II – Dámaso II → | |
147º Papa | |
abril de 1045 (Gregoriano) – maio de 1045 (Gregoriano) ← Silvestre III – Gregorio VI → | |
145º Papa | |
outubro de 1032 (Gregoriano) – setembro de 1044 (Gregoriano) ← Xoán XIX – Silvestre III → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Alberico III de Túsculo e Emmelina |
Irmáns | Peter, Duke of the Romans |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict IX. |
Bieito IX (de nome Teofilacto, nome orixinal Teofilatto; Theophylactus en latín), nado en Roma en 1012 ou 1021 e finado en Grottaferrata, Estados Pontificios (Italia), en 1055, foi o papa nº 145, 147 e 150 da Igrexa católica de 1032 a 1044 nun primeiro período; de abril a maio de 1045 nun segundo período e de 1047 a 1048 nun terceiro período.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da dinastía dos Teofilactos que lle deu seis papas á cristiandade, foi sobriño dos papas Xoán XIX e Bieito VIII e descendente de Xoán XI, Xoán XII e Xoán XIII. Elixido sumo pontífice con pouca idade, aínda que parece unha lenda ou un erro histórico supor que tiña 12 anos ao empezar a ser papa, cando quizais contaba xa con 20 ou 25 anos.[1]
Primeiro período (1032-1044)
[editar | editar a fonte]O 21 de outubro de 1032 foi elixido sumo pontífice. Segundo Rodolfus Glaber, sería papa con 12 anos,[2] un dato que hoxe se consideraría un erro que non correspondería á realidade.[3] Chega á cadeira pontificia grazas a que o seu pai, o Conde Alberico III, que era o verdadeiro dono de Roma, suborna á Curia e consegue para o seu fillo tan prezado posto. En 1037 viaxou para atoparse co Emperador Conrado II e excomungou a Heriberto Arcebispo de Milán, con quen Conrado II tiña unha antiga inimizade. A morte do Emperador Conrado II, privara ao Papa Bieito IX do seu principal apoio. Finalmente un capitán romano, Gerardo dei Sasso expulsouno de Roma e puxo no seu lugar ao Bispo de Sabinia.
Segundo período (abril a maio de 1045)
[editar | editar a fonte]Expulsou á forza a Silvestre III e foi reelecto o 10 de abril de 1045, pero en maio, abdicou ao vender, co propósito de casar, o seu cargo pontificio por 1500 libras de ouro ao Arcipreste Xoán de Graciano, futuro papa papa|Gregorio VI. Bieito IX abandona Roma.
En 1046 xunto a Silvestre III quixo derrocar ao papa Gregorio VI, pero o rei alemán Henrique III viaxou até alí e organizou o Concilio de Sutri que o 20 de decembro o expulsou de Roma.
Terceiro período (novembro de 1047 a xullo de 1048)
[editar | editar a fonte]Bieito atacou Roma e foi aceptado polo clero e o pobo para evitar tumultos e derramamentos de sangue para ser elixido por terceira vez o 8 de novembro de 1047. Con todo non o aceptaron os Crescencios, inimigos históricos dos Condes. Entre as dúas familias estalou unha guerra desapiadada. Bieito convocou varios Sínodos, en Spello, en Roma e en Marsella. Expulsado e excomungado o 17 de xullo de 1048, despois de oito meses polos Consellos de San Bartolomeu. Nunca cesou de loitar por reconquistar o Papado. Máis adiante fíxose monxe de San Basilio en Grottaferrata onde morreu o 18 de setembro de 1055.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cf. Benedetto IX na Enciclopedia dei Papi (en italiano)
- ↑ Cf. Hist., IV, 5, n. 17; V, 5, n. 26.
- ↑ Segundo a Enciclopedia Católica, Bieito IX tiña ao redor de 20 anos de idade ao empezar a ser papa[1].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bieito IX, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |