Saltar ao contido

Lexicón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lexicón é o "dicionario" en que se rexistran as palabras que coñece un falante. Este "dicionario" especifica os trazos idiosincráticos das pezas léxicas (palabras).[1]

Algúns modelos gramaticais formais basean a xeración de oracións no procesamento dos trazos das unidades do lexicón. Nestes modelos, o lexicón non é parte da gramática, senón que proxecta os seus trazos a través de mecanismos inherentes ás gramáticas.

Clases de unidades léxicas

[editar | editar a fonte]

Segundo a súa natureza, as unidades do lexicón poden distinguir entre:

  • Categorías léxicas ou abertas: Son aquelas que posúen carácter referencial (é dicir, as que designan procesos, propiedades, accións ou entidades). Caracterízanse por formar un inventario aberto (é dicir que non existe un número específico e limitado para estas unidades). Os substantivos, os verbos e os adxectivos son representantes canónicos deste tipo de unidades léxicas.
  • Categorías funcionais ou pechadas: Son aquelas que só posúen significado gramatical (é dicir, que son fundamentais para a xeración dunha oración pero que, así a todo, non teñen significado referencial). Caracterízanse por formar un inventario pechado. As conxuncións e os artigos son representantes deste tipo de unidade.

Clases de trazos léxicos

[editar | editar a fonte]

As unidades léxicas distinguen tres tipos de trazos (non tódolos modelos gramaticais utilizan os mesmos trazos léxicos. O que se dá a continuación é unha xeneralización):

  • Trazos formais: Conteñen información sobre o tipo de palabra da que se trata (substantivo, verbo, preposición), sobre o contexto sintáctico no que poden aparecer e sobre o tipo de flexión que requiren.
  • Trazos semánticos: Conteñen información sobre a estrutura argumental requirida por unha unidade léxica (un verbo como "destruír" require un axente que destrúa e un tema a ser destruído), sobre as propiedades inherentes de cada unidade (un nome como "neno" ten trazos [+humano] [+contable] etc.).
  • Trazos fonolóxicos: Contén a información necesaria para lle asignar representación fonética á unidade.
  1. Echevarría Isusquiza, Isabel; Arbulu Aguirre, Javier. "Apuntamentos sobre fraseoloxía e literatura" (PDF). Consultado o 19 de febreiro de 2017.