James Jones
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) James Andrew Jones 4 de outubro de 1980 (44 anos) Miami, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | American High School Universidade de Miami | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 102 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Indiana Pacers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | jamesjones22.com |
James Andrew Jones, nado en Miami (Florida) o 4 de outubro de 1980, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou 14 tempadas na National Basketball Association (NBA). Actualmente é o vicepresidente de operacións baloncestísticas dos Phoenix Suns da NBA.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Jones foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Indiana Pacers, tras saír da Universidade de Miami.[1] Tras xogar tan só 26 minutos[2] en seis partidos durante a súa tempada coma rookie, xogou case a tempada enteira na 2004-05, facendo 4.9 puntos por partido, e quedando 25ª na liga en porcentaxe de triplas anotadas (39.8%).[2]
O 25 de agosto de 2005, foi traspasado aos Phoenix Suns, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2008.[2]
En xuño de 2007, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Rudy Fernández, a cambio de diñeiro.[3] Durante a súa primeira tempada en Portland, Jones mantívose no máis alto nas listas de porcentaxe de anotación de triplas, e rematou 3º cunha porcentaxe dun 44.4%.[4] Malia a súa alta porcentaxe en triplas, non foi escollido para participar no concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA de 2008.[5]
O 26 de xuño de 2008, Jones usou a súa opción de xogador para converterse en axente libre e deixar Portland ao remate da tempada.[6] O 9 de xullo de 2008, Jones asinou un contrato cos Miami Heat por 5 anos, cun valor de 23.2 millóns de dólares.
O 29 de xuño de 2010, foi cortado polos Heat para liberar espazo salarial, pero o 19 de xullo asinou de novo con Miami co salario mínimo.[7]
O 19 de febreiro de 2011, gañou o concurso de triplas do All-Star Weekend de 2010, no Staples Center dos Ánxeles. Ao ano seguinte, participou de novo en Orlando, pero quedou eliminado na primeira rolda do concurso.
O 5 de agosto de 2014, asinou cos Cleveland Cavaliers.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trail Blazers Acquire James Jones and Draft Rights to Rudy Fernandez, Waive Steve Francis
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Pacers Obtain Pick from Suns for Jones
- ↑ "Suns trade James Jones to Blazers". eastvalleytribune.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2012.
- ↑ "NBA.com 3-point leaders". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2012.
- ↑ Casey Holdahl. "James Jones: 'My name is too plain'". Trail Blazers Center Court Blog.
- ↑ Jason Quick. "Jones opts out of contract, becomes free agent". The Oregonian, Behind the Blazers Beat.
- ↑ HEAT Re-Signs James Jones
- ↑ "Cavaliers Sign Mike Miller and James Jones". NBA.com. 5 de agosto de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en Miami, Florida
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers