Matthew Dellavedova
Matthew Dellavedova, nado o 8 de setembro de 1990 en Maryborough, Victoria, é un xogador de baloncesto internacional australiano que xoga como base ou escolta no Melbourne United australiano. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Saint Mary's entre 2009 e 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Australia, Matthew Dellavedova, xogou no baloncesto universitario estadounidense durante catro tempadas cos "Gaels" da Universidade de Saint Mary's de California, nas que fixo unha media de 14,2 puntos, 3,4 rebotes e 5,6 asistencias por partido.[1] Nas súas tres últimas temporadas foi incluído no mellor quinteto da West Coast Conference,[2] sendo ademais elixido Xogador do Ano en 2012 e galardoado co Premio Lou Henson en 2013 ao xogador máis destacado das universidades consideradas mid-major da NCAA. Acabou a súa carreira universitaria como líder histórico dos Gaels en anotación, con 1.933 puntos, asistencias, porcentaxe de tiros libres, partidos como titular e partidos disputados.[2] Debido a isto o seu dorsal co número 4 está retirado pola universidade.
Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, disputou a Liga de Verán da NBA cos Cleveland Cavaliers, cos que acabou asinando contrato no mes de setembro. Tras a lesión de Kyrie Irving nos Play-Offs da temporada 2014−15, converteuse nun dos xogadores máis importantes do seu equipo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matthew Dellavedova Stats". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Matthew Dellavedova Profile". SMCGaels (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en Basketball Reference Arquivado 04 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados en Victoria, Australia
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Australia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores do Melbourne United
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Medallistas olímpicos de bronce por Australia
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020
- Australianos de ascendencia italiana
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024