Guindastre
Un guindastre[1] é un aparello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polispastos accionados por cables.
Denomínase tamén coa forma grúa, que o Dicionario da Real Academia Galega admite como forma menos recomendable.
Historia
[editar | editar a fonte]O guindastre é a "evolución" do puntal de carga que se ten usado dende a antigüidade. Os seus fundamentos foron expostos por Blaise Pascal, mais foi patentado por Luz Nadina con posterioridade. Existen documentos antigos[2] nos que se pon de manifesto o uso de máquinas semellantes a guindastres en Sumeria e Caldea, de onde pasaron a Exipto.
Aplicacións e tipos
[editar | editar a fonte]Úsanse en obras de construción, portos, instalacións industriais e outros lugares onde se levan cargas de xeito aéreo. Hai moitos tipos, conforme ó traballo a desenvolver. Un criterio moi empregado para a clasificación é en canto á súa mobilidade:
Móbiles
[editar | editar a fonte]- Sobre cadeas ou eirugas.
- Sobre rodas ou plataforma.
- Autogrúas, de grande tamaño, sobre vehículos especiais.
- Camión grúa.
Fixos
[editar | editar a fonte]Coa capacidade para soportar cargas maiores e conseguir máis altura con estabilidade. A súa característica é que a súa estrutura principal queda ancorada ó chan. Algúns poden ser montados e desmontados no lugar de traballo.
- Ponte ou pórtico, empregadas na construción naval e en pavillóns industriais.
- Derrick
- Plumas, situados para axuda de carga nos camións.
- Carretilla elevadora ou montacargas
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de guindastres de Galicia.
-
Guindastre nun estaleiro, en Camposancos.
-
Guindastre-torre automontante.
-
Lastre da base dun guindastre-torre, con pezas de cemento de 2.800 kg cada unha.
-
Porto da Coruña, peirao do Centenario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guindastre.
- ↑ "Historia de la grúa en la antigüedad". Contenedores y módulos. Arquivado dende o orixinal o 08/07/2017. Consultado o 24/08/2017.