Festival Internacional de Cinema Feminino de Créteil
Festival Internacional de Cinema Feminino de Créteil | |
---|---|
Acrónimo | AFIFF |
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1978 |
País | Francia |
48°47′28″N 2°27′47″L / 48.791, 2.463 | |
Na rede | |
http://www.filmsdefemmes.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival Internacional de Cinema Feminino de Créteil (en francés: Festival international de films de femmes de Créteil) é un acontecemento anual que se celebra en Créteil, París, Francia. O festival foi fundado por Jackie Buet en 1978 para amosar os talentos de dirección das mulleres con difucultades para que os seus filmes se distribúan axeitadamente. O primeiro festival celebouse en 1979 en Sceaux.[1] Trasladouse a Créteil en 1985.[1]
Situado no centro da cidade de París, o festival celébrase durante 10 días de maneira ininterrompida, estreando arredor de 50 novos filmes dirixidos por unha ou máis mulleres. O festival tamén ofrece clases de cinema, foros temáticos e debates. A competición está aberta a mulleres de todo o mundo que teñan feito unha longametraxe, curtametraxe ou documental. O seu traballo é xulgado por 6 profesionais do cinema.
O festival ofrece varios premios, incluíndo o premio da audiencia e o "Gran Premio do Xurado". O arquivo do festival contén máis de 10.000 filmes realizados por mulleres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kuhn, Annette; Susannah Radstone (1994). The Women's Companion to International Film. University of California Press. p. 101. ISBN 978-0-520-08879-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés)