Saltar ao contido

Eugenie Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugenie Scott

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Wisconsin, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Directora National Center for Science Education (en) Traducir
1987 – 2014 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHumanismo secular (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Misuri
Universidade de Wisconsin–Milwaukee Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiologia humana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropóloga, profesora universitaria, bióloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Estado da Califórnia (pt) Traducir
Universidade de Colorado en Boulder Editar o valor en Wikidata
Premios

Eugenie Carol Scott, nada o 24 de outubro de 1945 é unha antiga profesora universitaria, divulgadora científica e educadora estadounidense dedicada á antropoloxía física. Foi activa contra o ensino do creacionismo da terra e do deseño intelixente nas escolas. Acuñou o termo "galope de Gish" para describir unha técnica pseudo-retórica empregada polos creacionistas para lanzar o maior número posible de argumentos a un interlocutor no menor tempo posible, por moi débiles ou falaces que sexan, co fin de que non dea tempo a refutar cada argumento un por un.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De 1986 a 2014, Eugenie Scott foi a directora executiva do National Center for Science Education, unha organización sen ánimo de lucro para a educación científica, que apoia o ensino da ciencia evolutiva.[1] Desde 2013, Scott figura no seu consello consultivo.[2]

Scott é doutora en antropoloxía biolóxica pola Universidade de Missouri. É bióloga, e as súas investigacións centráronse na antropoloxía médica humana e na bioloxía do esqueleto.

Vídeo de Eugenie Scott falando en público, (en inglés), no Freethought Day (Día do Librepensamento), 2022.

Scott forma parte da Comisión de Separación da Igrexa e do Estado dos Estados Unidos.[3] Ademais, Scott é membro do Consello de Asesores da publicación Scientific American. Tamén é membro do Committee for Skeptical Inquiry (CSI) e do GWUP.

Notas

  1. "Eugenie C. Scott". www.facebook.com. Consultado o 2023-07-11. 
  2. "Home". ncse.ngo (en inglés). Consultado o 2023-07-11. 
  3. "protect separation of church and state". Americans United (en inglés). Consultado o 2023-07-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]