Saltar ao contido

Ernesto Cardenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnesto Cardenal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ernesto Cardenal Martínez Editar o valor en Wikidata
20 de xaneiro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Granada (Nicaragua) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2020 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Managua, Nicaragua Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal crónica
parada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Ministro de Cultura Nicaragua
19 de xullo de 1979 – 1987 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaTeoloxía da liberación Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia (1946–1947)
Facultade de Filosofía e Letras da UNAM (1942–1946)
Colegio Centro América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía da liberación, Nicaraguan literature (en) Traducir, teoloxía, Marxismo, pintura, escultura e Nicaraguan poetry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (2019–), sacerdote católico (1965–1985), escritor, poeta, artista visual, ministro de Cultura, revolucionario, político, teólogo, tradutor, escultor, pintor, letrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoFronte Sandinista de Liberación Nacional (–1994)
Unión Democrática Renovadora (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLírica e poesía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArmando Rojas Guardia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFernando Cardenal Editar o valor en Wikidata
ParentesPedro Joaquín Chamorro Cardenal, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1965Orde sacerdotal (Managua) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1720557 Dialnet: 5019 Musicbrainz: 08e12c13-528a-4cf0-8f11-318791b56f86 Discogs: 643972 Editar o valor en Wikidata
Ernesto Cardenal.

Ernesto Cardenal Martínez, nado en Granada o 20 de xaneiro de 1925 e morto en Managua o 1 de marzo de 2020,[1], foi un sacerdote católico, político, escritor e poeta nicaraguano. Está considerado un dos máis destacados relixiosos da teoloxía da liberación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia rica, estuda primeiro en Managua e de 1942 a 1946, literatura en México. Máis tarde, de 1947 a 1949, continúa os seus estudos en Nova York e viaxa entre 1949 e 1950 por Italia, España e Suíza.

En xullo de 1950 volve a Nicaragua, onde participa na "revolución de abril" de 1954 contra Anastasio Somoza García. O golpe de estado falla e termina coa morte de moitos dos seus compañeiros e amigos. Ernesto Cardenal decide entrar no mosteiro de Gethsemani (Kentucky, Estados Unidos), pero en 1959 sáese para estudar teoloxía en Cuernavaca (México).

Cardenal toma en 1965 os votos de sacerdote en Managua. Funda nunha das illas Solentiname no Lago Cocibolca unha comunidade cristiá, case monástica. Aí escríbese o famoso libro "O Evanxeo de Solentiname". Cardenal colabora estreitamente co Fronte Sandinista de Liberación Nacional loitando contra o réxime de Anastasio Somoza Debayle. O 19 de xullo de 1979, o día da vitoria da Revolución Nicaraguana, é nomeado ministro de cultura do novo goberno do FSLN onde crea os Talleres Populares de Poesía. Ocupa este cargo ata 1987, ano no que se pecha o ministerio por razóns económicas.

Ernesto Cardenal recibe en 1980 o Premio da Paz do Comercio Libreiro Alemán.

En 1983, Xoán Paulo II visitou oficialmente Nicaragua. O pontífice -fronte a cámaras de televisión que transmitían a todo o mundo- amoestou e increpou severamente a Ernesto Cardenal, axeonllado ante el na mesma pista do aeroporto, por propagar doutrinas apóstatas (segundo a fe católica) e por formar parte do goberno sandinista, suspendéndoo nas súas funcións eclesiásticas.

Cardenal abandona o FSLN en 1994, en protesta contra a dirección autoritaria de Daniel Ortega. Logo, suma o seu apoio moral ao MRS ou Movemento de Renovacion Sanidinista, e estende o seu apoio á Alianza Partido MRS, durante as eleccións 2006, igual que outros destacados literatos nicaraguenses, entre os que destacan Gioconda Belli e Sergio Ramírez Mercado, fundador do MRS.

Foi nomeado en maio de 2005 a recibir o Premio Nobel da literatura. As súas obras teñen sido traducidas a máis de vinte linguas.

No ano 2007) o poeta nicaraguano volve a México, que entre outras actividades, estivo co Subcomandante Márcos do Exército Zapatista de Liberación Nacional, no festival XII Encontro Hispanoamericano de Escritores "Horas de Xuño", celebrado o 1 de xuño do 2007, organizado pola Universidade de Sonora, e que este ano levou por título Tributo a Ernesto Cardenal, onde ofreceu lectura dun texto, po de estrelas, sobre a utopía social e un recital dos seus poemas que enmudeceu ao auditorio da Sociedade Sonorense de Historia.

En 2019 o papa Francisco absolveu a Cardenal "de todas as censuras impostas" por Xoán Paulo II en 1984; Cardenal solicitara o seu perdón logo de abandonar a militancia política, e recibira as visitas do nuncio Waldermar Sommerstag e do bispo auxiliar de Managua Silvio José Baez.[2]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Lexión de Honra en Grao de Oficial do Goberno de Francia.
  • Premio Internacional Mario Benedetti (Uruguai, 2018)
  • Premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda (2009)
  • Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2012)[2]
  • Hora 0.
  • Oración por Marilyn Monroe y otros poemas.
  • Telescopio en la noche oscura, 1993.
  • Antología nueva, 1996.
  • Salmos, 1998.
  • Cántico cósmico, 1999.
  • Epigramas, 2001.
  • Versos del Pluriverso, 2005.
  • El Evangelio en Solentiname, 2006.
  • Las ínsulas extrañas, 2002.
  • Correspondencia (1959-1968) con Thomas Merton, 2003.
  • La revolución perdida, 2004.
  • Vida perdida, 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]