Saltar ao contido

Emú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emú
Rango fósil: Mioceno – presente[1]

Emú.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Palaeognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Dromaiidae
Xénero: Dromaius
Especie: D. novaehollandiae
Nome binomial
'Dromaius novaehollandiae'
O emú habita nas áreas de cor.
O emú habita nas áreas de cor.

O emú habita nas áreas de cor.
Subespecies
Sinonimia

O emú (Dromaius novaehollandiae)[5] é segunda ave de maior tamaño existente, despois da avestruz. É endémica de Australia, onde é a meirande ave nativa e o único membro existente do xénero Dromaius. A área de distribución do emú abrangue case toda Australia, mais as subespecies de Tasmania e da illa King extinguíronse despois da colonización europea do continente en 1788. Esta ave é común de abondo para ser clasificada como pouco preocupante pola International Union for Conservation of Nature.

Son aves non voadoras de plumaxe densa e sedosa de cor marrón e longas patas e pescozo que poden chegar ós 1,9 m de altura. Poden percorrer grandes distancias, e cando é preciso poden acadar os 50 km/h. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e insectos, e sábese que poden pasar semanas sen comer. Beben de xeito infrecuente, pero toman grandes cantidades de auga cando se presenta a oportunidade.

Ovo de emú.

A época de cría é entre maio e xuño, e a loita entre as femias por un macho é frecuente. As femias poden reproducirse e criar varias niñadas de ovos nunha tempada. O macho encárgase da incubación e durante o proceso apenas come e bebe, polo que perde unha cantidade significativa de peso. Os ovos eclosionan despois de oito semanas e as crías son alimentadas polos pais. Acadan o tamaño adulto despois de seis meses, pero poden manterse como familia até a seguinte tempada de cría. O emú é unha importante icona cultural de Australia, estando presente no escudo de Australia e en varias moedas. É un elemento importante da mitoloxía dos aborixes australianos.

  1. Patterson, C.; Rich, Patricia Vickers (1987). "The fossil history of the emus, Dromaius (Aves: Dromaiinae)". Records of the South Australian Museum 21: 85–117. 
  2. "Dromaius novaehollandiae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 14 July 2015. 
  3. 3,0 3,1 Brands, Sheila (14 de agosto de 2008). Project: The Taxonomicon, ed. "Systema Naturae 2000 / Classification, Dromaius novaehollandiae". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts (ed.). "Names List for Dromaius novaehollandiae (Latham, 1790)". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  5. Definición de emú no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eastman, Maxine (1969). Angus and Robertson, ed. The life of the emu. ISBN 0-207-95120-9.