Donald Trump
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, presidente dos Estados Unidos de América entre 2017 e 2021. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o conselleiro delegado (en inglés, CEO) de The Trump Organization, unha compañía inmobiliaria, e o fundador de The Trump Entertainment, compañía dedicada a xestionar casinos. Fíxose especialmente famoso en televisión con The Apprentice (O Aprendiz), un reality show do que foi presentador, narrador e xuíz, ademais de produtor executivo, durante as tres primeiras temporadas. Donald Trump é coautor dun libro chamado Why we want you to be rich ou Por que queremos que ti sexas rico, o cal escribiu na sociedade e de acordo co seu amigo Robert Kiyosaki. Estudou na escola militar de West Point.
Ademais, participou na Batalla dos millonarios contra Vince McMahon (presidente e accionista maior da WWE) en Wrestlemania 23. A batalla consistiu en que cada milmillonario era representado por un loitador, Bobby Lashley (chamado o Superman moreno) representando a Trump e Umaga representando a McMahon; a vitoria foi para Bobby Lashley e como consecuencia Vince McMahon foi rapado por completo, o invitado foi a lenda da loita libre Stone Cold Steve Austin, quen ten fortes rivalidades con Vince McMahon. Esta particular loita foi o grande evento do 1 de abril de 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoover's coverage by Diane Ramirez (2 de xaneiro de 2008). Hoovers.com, ed. "The Trump Organization information and related industry information from Hoover's United Kingdom (UK)". Consultado o 25 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donald Trump |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 14 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Donald J. Trump no Twitter (en inglés)
Predecesor: Barack Hussein Obama |
Presidente dos Estados Unidos de América 2017 - 2021 |
Sucesor: Joe Biden |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |