Apollo 8
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Apollo 8 | |||||
Insignia da misión | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 8 | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 21 de decembro de 1968 16:00:00 UTC | ||||
Amaraxe: | 27 de decembro de 1968 15:51:42 UTC 8°6′N 165°1′O / 8.100, -165.017 | ||||
Duración: | 6 d 3 h 0 min 42 s | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 10 | ||||
Masa: | CSM: 28.817 kg ; LTA: 9.026 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Lovell, Anders e Borman | |||||
Outras misións | |||||
|
O Apollo 8 foi a segunda misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América, e a primeira en usar o enorme lanzador Saturno V. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitatorio terrestre, circunvalou a Lúa e entrou en órbita lunar.
Tripulación
[editar | editar a fonte]Tripulación principal
[editar | editar a fonte]Posición | Astronauta |
---|---|
Comandante | Frank Borman |
Piloto do módulo de mando | James A. Lovell, Jr. |
Piloto do módulo lunar | William Anders |
Tripulación suplente
[editar | editar a fonte]Posición | Astronauta |
---|---|
Comandante | Neil A. Armstrong |
Piloto do módulo de mando | Edwin E. Aldrin, Jr. |
Piloto do módulo lunar | Fred W. Haise, Jr. |
Insignia da misión
[editar | editar a fonte]Foi deseñada por Jim Lovell. A forma triangular da insignia representa o aspecto cónico do módulo de mando. A Lúa e a Terra aparecen unidas mediante unha figura vermella con forma de "8", que indica o número da misión e tamén o seu obxectivo. Dentro desta figura están escritos en branco os apelidos dos tres astronautas.
Misión
[editar | editar a fonte]Ao principio, o obxectivo da misión era acadar a órbita terrestre e probar alí o módulo lunar, pero as continuas demoras na construción deste último fixérono imposible. Finalmente, configurouse outro plan de voo, tamén debido ao temor por parte da NASA de que os soviéticos puideran ser capaces en pouco tempo de circunvalar a Lúa cunha nave tripulada. Os novos obxectivos da misión Apollo 8 pasaron a ser circunvalar a Lúa e entrar en órbita lunar, empregando só os módulos de mando e servizo e conservando o Saturn V como lanzador.
Na engalaxe houbo varios problemas, ademais de alongamentos no funcionamento dos motores, e non se acadou a órbita prevista. Unha vez en órbita terrestre, acendeuse outra vez a terceira etapa do Saturn V durante 5 minutos e 17 segundos, conseguindo a inxección translunar (TLI).
Na viaxe ata a Lúa, que durou tres días, realizouse unha corrección de rumbo. Borman comezou a sentirse mal, sufrindo o chamado "síndrome de adaptación ao espazo". Ao achegarse á Lúa, o 24 de decembro, realizouse unha ignición para frear a nave e insertala na órbita. Os tres astronautas foron os primeiros seres humanos en ver a cara oculta da Lúa cos seus propios ollos e a saída da Terra polo horizonte lunar. Durante a novena órbita, os tres leron por radio unha parte do libro bíblico da Xénese, con motivo do Nadal.
Na medianoite do 25 de decembro, realizouse unha ignición que elevou a velocidade da nave a 9682 km/h, embarcándoa nunha viaxe de retorno de pouco máis de dous días.
Antes de iniciar a reentrada, desacoplouse o módulo de servizo. Seis minutos antes de penetrar na atmosfera, a tripulación viu a Lúa saíndo sobre o horizonte terrestre, tal e como estaba previsto. Finalmente, o módulo de mando amarou no Pacífico Norte, preto de Hawai.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apollo 8 |