Saltar ao contido

Condado de Boulogne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Boulogne

Localización
Mapa
 50°43′32″N 1°36′50″L / 50.725556, 1.613889
Datos históricos
Creación896 Editar o valor en Wikidata
Disolución1501 Editar o valor en Wikidata

O Condado de Boulogne foi un condado dentro do reino de Francia durante os séculos IX ao XV (8961501), centrado na cidade de Boulogne-sur-Mer, no territorio coñecido hoxe como o Boulonnais.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Canal da Mancha.
Véxase tamén: Estreito do Paso de Calais.

A principal rexión do condado histórico de Boulogne é o chamado Boulonnais. A fosa ou prega do Boulonnais está constituída por un anticlinal que inverte o relevo, xa que as rochas deixan ver os terreos margosos (tipo de rochas sedimentarias compostas principalmente de calcita e arxila) e arxilosos subxacentes.

Particularmente, a prega orientada NO-SO está dividda en dúas pol afundimento que creaou o Canal da Mancha e o estreito do Paso de Calais.

A outra parte da prega corresponde a Inglaterra.

Boulogne, antes de ser chamada Bononia (ás veces confundida con Boloña en Italia), foi identificada como Portus Itius, lugar desde o que Xulio César emprendeu a conquista de Britania, chamada actualmente Gran Bretaña.

Portus Itus converteuse, baixo o Imperio romano, en porto agregado á Classis británica. Das súaas pegadas e das do seu cuartel xeneral acháronse restos na actual Hauteville en 1980.

Boulogne foi célebre na Idade Media polo su faro situado no máis alto do cantil, no norte, do cal só quedan as ruínas. Consistía nunha torre de cachotaría de dous pisos, máis estreita na parte de arriba, na que se prendía un fogo.

A actividade relixiosa da cidade, sede dun antigo bispado e antigo lugar de peregrinacións á Virxe de Boulogne, foi moi relevante durante a Idadw Media. Os habitantes da Illa de Francia, para renderlle homenaxe á Virxe, crearon un lugar de peregrinación secundario no bosque de Rouvre (do que se achan restos no [[Bosis de Boulogne), que favoreceu a fundación de Boulogne-la-petite, actualmente coñecida como Boulogne-sur-Seine. Durante os anos trinta do século XX esta devoción foi reavivada mediante o transporte dunha estatua colocada nun auto-remolque que deu a vuelta a toda Francia.

O condado foi gobernado polos condes de Flandres no século X, pero unha rama separada de Boulogne xurdiu no século XI.

Foi anexionado por Filipe II de Francia en 1212, que o entregou en herdanza ao seu fillo, e despois disto formou parte do condado de Artois, até que, finalmente, foi incorporado ao dominio real en 1550.[1][2][3]

Condes da Casa de Boulogne

[editar | editar a fonte]
Escudo de armas do Condado
  1. En 1038 con Goda de Mantes, ou Godjifu († 1049), filla de Etelredo II o Indeciso e de Emma de Normandía (sen fillos).
  2. En 1050 con Ida de Verdún († 1113), filla de Godofredo II e de Doda (tres fillos : Eustaquio III de Boulogne, Godofredo de Bouillon e Balduíno I de Xerusalén).
  1. Letras patentes de Luís XI, Plessis-du-Parc-lèz-Tours, xaneiro de 1478 (1477 antes de Pascua) (ler en liña (en francés))
  2. Letras patentes de Luís XI, Arras, o 18 de marzo de 1478 (ler en liña (en francés))
  3. Letras patentes de Luís XI, Tours, o 11 de novembre de 1479 (ler en liña (en francés))