1113
Aparencia
1113 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1113 MCXIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1866 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 562 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3809 – 3810 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4873 – 4874 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1168 – 1169 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1035 – 1036 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4214 – 4215 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 491 – 492 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 506 – 507 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1363 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- Abril: Afonso incumpre os acordos de Peñafiel, ocupa as torres de León e outras fortalezas. Os nobres garantes do acordo devolven a Urraca os castelos que retiñan en nome do rei de Aragón[1].
- Urraca, en Aragón, gaña as vontades dos subditos de Afonso mediante presentes e afagos e regresa aos seus reinos onde recupera varias fortalezas. Afonso fai vir reforzos desde Francia[2].
- Maio: A raíña Urraca escribe pedindo axuda militar a Xelmírez. Este convoca os nobres galegos que se amosan reticentes debido ao desenlace da campaña do ano anterior[3].
- 30 de maio: O exército galego comandado por Pedro Froilaz parte finalmente cara á guerra contra Afonso de Aragón. A tardanza do exército amola á raíña Urraca[4].
- 25 de xuño: Os nobres galegos fan fronte as tropas de Afonso I, este recúa sen loitar abandonando o castelo de Burgos que capitula após 15 días de asedio[5].
- Xullo: Afonso I envia legados a Urraca con propostas de paz. A postura favorábel o acordo dos burgueses de Castela e León fai que a esta acepte. Xelmírez fala en contra na asemblea[6].
- Urraca pide aos nobres galegos que socorran a vila de Berlanga sitiada polos almorábides. Pedro Froilaz traslada parte das súas forzas para levantar o cerco[7].
- Agosto: O exército galego, trala cuarta reconciliación de Urraca e Afonso "o batallador", regresa á súa terra marchando coas mesmas precaucións que por pais inimigo[8].
- Pedro Froilaz e a súa familia fortalecen a súa alianza coa igrexa na defensa dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez[9].
- 6 de novembro: Pedro Froilaz, e outros membros do seu clan familiar, realizan unha copiosa doazón de bens á igrexa de Santiago[8].
- 14 de decembro: Pedro Froilaz doa á orde de Cluny o mosteiro e panteón familiar dos Froilaz-Traba: San Martiño de Xuvia[9].
Europa
[editar | editar a fonte]- Pedro Abelardo abre unha escola en París
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Ferreiro 1885. p. 88
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 390-391
- ↑ López Teixeira 2013. p. 87
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIV
- ↑ Historia Compostelá. Libro 1. Cap. LXXXVII
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIX
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. XC
- ↑ 8,0 8,1 López Ferreiro 1900. pp. 402-407
- ↑ 9,0 9,1 López Teixeira 2013. p. 93
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1113 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Historia Compostelá. Edición de Emma Falque Rey. 1994. Editorial AKAL. ISBN 84-460-0417-8
- López Ferreiro, Antonio (1885). Don Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. (2006 ed.). Editorial Toxos Outos. ISBN 84-96673-01-4
- López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela. Seminario conciliar central. Volume 3.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega. Editorial Toxos Outos. ISBN 978-84-15400-78-3