Carrapucho
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Carrapucho | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A-D Chondrus crispus; E-F Gigartina mamillosa | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Chondrus crispus Stackh. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 205 kJ (49 kcal) |
12.29 g | |
Azucres | 0.61 g |
Fibra alimentaria | 1.3 g |
0.16 g | |
1.51 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Riboflavina (B2) | 39% 0.466 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.593 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 4% 0.176 mg |
Vitamina B6 | 5% 0.069 mg |
Ácido fólico (B9) | 46% 182 μg |
Vitamina C | 4% 3 mg |
Vitamina E | 6% 0.87 mg |
Vitamina K | 5% 5 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 7% 72 mg |
Ferro | 68% 8.9 mg |
Magnesio | 41% 144 mg |
Manganeso | 18% 0.37 mg |
Fósforo | 22% 157 mg |
Sodio | 4% 61 mg |
Cinc | 21% 1.95 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O carrapucho[1] ou pata de galiña[1] (Chondrus crispus) é unha alga vermella (filo Rhodophyta) moi abundante, que en ocasións forma céspedes, sempre sobre superficies rochosas. Atópase en todas as costas atlánticas de Europa e Norteamérica.
Trátase dunha especie con valor económico. Aprovéitanse os polisacáridos complexos da súa mucilaxe, que forman a maior parte do seu peso logo de deshidratadas. En medicamento emprégase como emoliente e laxante, consumida en infusión. Empréganse como emulsionantes pola industria alimentaria e tamén na cociña doméstica.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Principios activos: contén abundante mucilaxe, até un 80 % (carraxenanas) e sales minerais.
- Indicacións: úsase como droga (antiinflamatoria, protector das mucosas); saciante, redutor da absorción intestinal de lípidos e glúcidos, laxante, inmunoestimulante e antitusivo. Emoliente, sudorífico. Indicado contra a gripe, arrefriados, farinxite, larinxite, bronquite, enfisema e asma. Gastrite, úlceras gastroduodenais e estrinximento. Coadxuvante no tratamento do sobrepeso, hiperlipidemias e diabetes. A nivel intestinal pode interferir na absorción de sales minerais, vitaminas e outros medicamentos, se se administran ao mesmo tempo. En pacientes diabéticos, controlar a glicemia, ante a posibilidade de que se requira axustar as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.
As algas córtanse a rentes do chan, lávanse con auga doce e déixanse secar ao aire libre póndose pálidas co sol. Cando o musgo está seco ponse en auga e quéntase, e desaparece nesta, e ao arrefriar calla nunha xelea.
Decocción: unha cullerada de sobremesa por cunca. Ferver cinco minutos, dúas ou tres cuncas ao día.
Para combater a tose, férvese unha onza de regalicia durante media hora nun litro de auga, cóase e ponse de novo ao lume; engádenselle cinco gramos de musgo e déixase ferver cinco minutos máis.
Para o estrinximento crónico, ponse a remollo (auga fría) media onza de musgo cortado en anaquiños. Ponse a ferver 15 gramos de ameixas nun litro de auga durante 15 minutos; quítanselle os ósos e as peles e a polpa feita papa ponse ao lume con dúas ou tres culleradas de mel e o musgo a remollo até conseguir unha xelea clara. Tomar unha boa cunca antes de deitarse ou despois das comidas se non é suficiente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Forma recomendada no bUSCatermos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carrapucho |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vanaclocha B, Cañigueral S. (2003). Vademécum de prescrición. Barcelona: Elsevier-Masson.