Úlcera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha úlcera é toda lesión aberta da pel ou membrana mucosa con perda de substancia. As úlceras poden ter orixe e localización moi variada. As máis frecuentes son as que afectan á parede do estómago ou duodeno, chamadas úlceras pépticas.
Tipos
[editar | editar a fonte]Úlceras pépticas
[editar | editar a fonte]Afecta á mucosa estomacal (úlcera gástrica) ou duodeno (úlcera duodenal). Ás veces prodúcense tamén úlceras do esófago en pacientes afectados por esófago de Barrett. A maioría das úlceras ocorren na primeira capa de revestimento interior. Ao orificio que atravesa por completo o estómago ou o duodeno chámaselle perforación e supón, pola súa gravidade, unha urxencia médica.
Úlceras cutáneas
[editar | editar a fonte]A úlcera cutánea é unha lesión da pel que implica perda da epiderme, parte da derme, e incluso da hipoderma; pode tratarse dunha ferida unicamente superficial ou dunha afectación máis profunda. Distínguense varios tipos segundo a orixe: por fricción, por presión ou mixtas. Existen distintos orixes e en moitos casos acostuman a ter unha evolución crónica.
Úlceras por presión
[editar | editar a fonte]As úlceras por presión constitúen un tipo especial de lesións causadas pola mala irrigación sanguínea e nutrición tisular como resultado da presión prolongada sobre prominencias óseas e cartilaxinosas. Preséntanse principalmente en pacientes prostrados, xa sexa por obesidade, con apoio ventilatorio, rixidez ósea, vellez, etc. Sendo en ocasións necesaria a atención personalizada dun equipo de enfermería dedicado exclusivamente a curar e previr este tipo de úlceras.
- Factores de risco
- Lesións cutáneas.
- Pel reseca.
- Falta de elasticidade.
- Inmobilidade.
- Cama con engurras.
- A presión continua sobre tecidos brandos de prominencias óseas produce hipoxia e necrose.
- Humidade.
- Nutrición deficiente.
- Idade avanzada.
- Inflamación ou retención de líquidos.
- Zonas máis frecuentes nas que se producen as úlceras por presión
- Rexión sacra.
- Calcañares.
- Tuberosidades isquiáticas.
- Cadeira
- Cóbados.
- Costas.
- Columna vertebral.
- Rexión occipital.
- Prevención de úlceras por presión
- Manter a pel limpa e seca.
- Cambiar de posición, cando menos, cada dúas horas.
- Utilizar almofadas e produtos que alivien a presión.
- Mellorar o estado nutricional.
- Manter un bo aliñamento corporal.
- Non dar masaxes na área de prominencias óseas.
- Utilizar colchón de presións alternas.
Úlcera xenital
[editar | editar a fonte]Situadas na rexión xenital, en moitas ocasións están causadas por enfermidades de transmisión sexual, como a sífilis, o chancroide e o linfogranuloma venéreo.
Úcera corneal
[editar | editar a fonte]Este tipo de úlceras ten lugar na córnea. Pode ser consecuencia de infeccións, queratite ou traumatismos sobre o ollo e en ocasións provocan secuelas consistentes en déficit de visión. Unha das úlceras corneais máis frecuentes é a producida polo virus do herpes simple, chamada úlcera dendrítica pola súa forma ramificada.
Úlcera bucal
[editar | editar a fonte]As úlceras bucais son lesións abertas ocasionadas por diferentes factores:
- Xinxivite.
- Herpes simple.
- Intubación prolongada.
- Cancro de boca.
- Candidosis bucal.
A sintomatoloxía é dor bucal, lesións visibles na boca e perda de apetito.