Saltar ao contido

Avicultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cría de gansos nunha granxa.

A avicultura é a práctica de coidar e criar aves como animais domésticos, xeralmente papagaios de compañía, e a cultura que existe ao redor desta actividade. A avicultura céntrase xeralmente non só na crianza de aves, senón tamén en preservar o hábitat aviar e nas campañas de concienciación pública.

O significado máis concreto da avicultura fíxoo Jean Delacour.

Hai varias razóns polas que as persoas se involucran na avicultura. Algúns criadores crían aves para preservar especies e outros fano como negocio.

Avicultura: "A afección mundial de manter e criar a especie máis numerosa de paxaros salvaxes en cativerio para manter o seu estado numérico en natureza co propósito de previr a súa extinción".

Dentro da avicultura inclúese a cativa de aves de adorno:

  1. Canaricultura: arte de criar canarios (Serinus canarius).
    1. Canaricultura de Canto
      1. Roller
      2. Malinois
      3. Timbrado español
    2. Canaricultura de Cor
    3. Canaricultura de Postura
  2. Silvestrismo: captura ou cativa de aves silvestres en catividade (xílgaros, lugáns etc...).
  3. Cativa de exóticos: cativa de aves que son alleas ao país ou rexión en cuestión (por exemplo en Europa son exóticas: Erythrura gouldiae, cardenaliño de Venezuela, diamantes mandarín, isabeliña do Xapón, tórtolas diamante, paddas etc...).

Sociedades avícolas

[editar | editar a fonte]

Hai sociedades avícolas en todo o mundo, pero xeralmente máis en Europa e Estados Unidos de América.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]