Erythrura gouldiae
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Erythrura gouldiae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Erythrura gouldiae (Gould, 1844) | |||||||||||||||
Distribución dentro de Australia
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Chloebia gouldiae |
O Erythrura gouldiae é unha especie de ave passeriforme da familia Estrildidae.[2] Hai evidencia que esta especie endémica australiana está a declinar mesmo na súa rexión máis importante, preto de Katherine no Territorio do Norte. Críase en catividade. No pasado a especie na natureza era considerada unha especie en perigo de extinción.[1] Non se lle recoñecen subespecies.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Recibiu o seu nome en honra de Elizabeth Gould, a esposa do artista ornitolóxico británico John Gould. A señora Gould non tiña o título de «Lady» (nobreza), con todo esta especie era coñecida como Lady Gouldian Finch, en galego «pimpín de Lady Gould», debido a un erro moderno. Tamén se coñece como «Lady Gouldian», «Rainbow Finch» (pimpín arco da vella) ou Gould no seu país nativo.
Descrición
[editar | editar a fonte]Miden ao redor de 13–14 cm de lonxitude. Ambos os sexos presentan cores vivas como verde, amarelo, vermello ou azul, pero os machos adoitan ser máis brillantes que as femias. Unha diferenza máis notable entre o macho e a femia é que o peito do macho é púrpura forte mentres o da femia é máis de cor malva. Hai tres variacións de cor na especie: con cabeza negra, con cabeza vermella e cabeza laranxa. A variación coa cabeza negra é a máis común na natureza mentres que con cabeza laranxa é moi pouco frecuente. Críase por moito tempo que estas eran tres especies distintas pero agora sábese que todas son simplemente variacións da mesma especie.[Cómpre referencia]
Os pitos son distintos polas súas cores. A cabeza, os costados, e o pescozo son grises, e as costas, as ás, e as ás temoneiras son de cor oliva. Os ventres son de cor marrón lixeiro e os picos son negros con punta avermellada. As patas son de cor marrón lixeiro tamén. Os pitos desde que saen da casca ata que teñan uns 12 días son rosados e non teñen penuxe. Despois deste tempo as plumas empezan a lles aparecer. As cores das femias son menos brillantes, garantíndolle así que a súa cor se mesturen co fondo mentres incuban os ovos no niño. En cambio, coas súas cores brillantes, o macho pode distraer a un depredador lonxe do niño para protexer as súas crías e a súa parella.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Este paxaro é propio do norte de Australia, da península do Cabo York, o noroeste de Queensland, ao norte do Territorio do Norte, e da rexión de Kimberley en Australia Occidental. O seu hábitat son as sabanas e as zonas boscosas tropicais onde hai chairos abertos con árbores altas preto da auga. Estes paxaros fan migracións curtas ao sur durante a tempada chuviosa e regresan pola tempada seca. Adoitan aniñar en ocos, dentro das cheas construídas por térmites ou en árbores, e xeralmente preto da auga.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Son paxaros de comportamento sociais e forman bandadas grandes de ata 1.000 individuos. Cando aniñan ata dous pares comparten o mesmo oco. Os pitos saen do niño despois de 3 semanas. Son paxaros calados e tímidos que non adoitan aniñar preto dos humanos.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Como a maioría doutros pimpíns, son granívoros. Prefiren comer entre herbas altas no canto de sobre a terra. Aliméntanse case todo o ano de sementes maduras ou media-maduras de pasto. Na súa tempada de crianza, fan unha dieta case por completo de insectos: como escaravellos, térmites, moscas ou arañas. A riqueza proteica dos insectos axúdalles a manter alimentados aos seus pitos. Comen xuntos en grupos e toman a comida mentres están sobre a terra ou en voo. Beben a auga succionándoa, o cal é pouco común nas aves.
En catividade estas aves mantéñense cos alimentos de pimpíns ou froitas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Forman parellas estables para toda a súa vida. Adoitan aparearse durante a última parte da tempada chuviosa, cando hai moita comida dispoñible. O cortexo do macho cortexa, destaca co galanteo que lle fai á femia, exhibindo a súa plumaxe de cores e simulando un maior tamaño. Amplía o seu peito, baixa as plumas que lle rodean a cara, e parado e ergueito canta suavemente ata dar uns saltos sobre da femia, apareándose. As femias poñen unha niñada de 4 a 8 ovos. Ambos os dous sexos incuban os ovos durante o día, e a femia faio tamén pola noite. Despois de que os pitos saian da casca, ambos os dous sexos os crían. Os pitos son moi delicados ata que cumpran a súa muda final. Cando están a criar, a parella vólvese moi territorial e non deixan que outras aves se acheguen. O proceso de incubación dura aproximadamente catorce días.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]O seu número diminuíu moi dramaticamente durante o século XX. O seu hábitat foi reducido ou se foi alterado. Os piollos dos sacos aéreos, un parasito, tamén afectaron moito o número destes paxaros. As súas cores, ao destacar, facilítanlle aos depredadores cazalos facilmente. Os lumes tamén son unha ameaza principal para a súa poboación natural. Malia iso, o número total desta especie non é elevado xa que son populares como aves avícolas e como mascotas.
Hai varios proxectos de conservación do hábitat natural desta especie e doutras aves granívoras de sabana, así como proxectos de creación de espazos propios para estas especies. Investigáronse os patróns de incendios e as súas fontes de alimentos para buscar os puntos de maior interese para a súa conservación ou liberación. Os proxectos de re-introdución foron satisfactorios e continúan no leste de Queensland.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2013). "Erythrura gouldiae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan y C. L. Wood. (2011). "The Clements checklist of birds of the world: Version 6.6". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 27 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erythrura gouldiae |