Arceúcha xorda
Arceúcha xorda | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A arceúcha xorda,[2] tamén chamada becacina pequena[3][4] ou becacina xorda[5] (Lymnocryptes minimus) é unha especie de ave limícola pequena e robusta. É a menor das becacinas e a especie monotípica do xénero Lymnocryptes. Presenta características como o seu peculiar óso esterno que a fan bastante distinta das outras becacinas.[6][7]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Lymnocryptes, procede do grego antigo limne, 'marisma' e kruptos, 'agochado, escondido'. O nome da especie minimus é latino e significa 'o máis pequeno, mínimo'.[8]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos son de menor tamaño que as arceúchas das brañas e teñen un peteiro relativamente máis curto. A súa lonxitude é de 18 a 25 cm, a súa envergadura alar é de 30 a 41 cm e o seu peso de 33 a 73 .[9] O corpo ten manchas marróns na parte superior e é claro na inferior. Teñen unha liña escura que cruza o ollo. As ás son bicudas e estreitas e en voo son visibles nelas liñas amarelas. Ten un distintivo movemento de balanceo arriba e abaixo case hipnótico, como se o animal estivese sobre resortes.
O padrón da cabeza difire do da arceúcha das brañas e outras especies do xénero Gallinago, en que non ten unha banda no píleo cental, senón dúas bandas laterais claras no píleo, que están separados do supercilio por unha área de plumaxe escura.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]As arceúchas xordas son migratorias, e pasan o período non reprodutor en Gran Bretaña, e as costas atlánticas e mediterráneas de Europa, e de África e a India. É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA). O seu hábitat de reprodución son as marismas, pantanos, tundra e prados húmidos con vexetación curta do norte de Europa e norte de Rusia.
Comportamento
[editar | editar a fonte]A arceúcha xorda pode ser moi sixilosa nas súas áreas non reprodutoras e é difícil de observar, ao camuflarse moi ben no seu hábitat. En consecuencia, os observadores de aves desenvolveron unha técnica especializada para atopalas. Consiste en camiñar pola marisma ata que algunha ave se sente molestada e bota a voar. Entón a bacacina pequena ponse agachada e non foxe do seu esconderixo ata que o intruso está bastante preto.[6] Nese momento voa tranquilamente unha curta distancia antes de mergullarse de novo na vexetación.[6]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase en barro mol, sondando ou peteirando para atopar o alimento que localiza pola vista. Comen principalmente insectos e miñocas e tamén materia vexetal.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O macho realiza unha exhibición aérea durante o cortexo, durante a cal emite un distintivo son parecido ao galopar dun cabalo. É silencioso en inverno. O niño fano no chan nun lugar ben agochado e nel poñen de 3 a 4 ovos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lymnocryptes minimus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Becacina" no Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosoto de 2019
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Newton, Alfred (1911). "Snipe". En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press.
- ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4 (28). PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 233, 256. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Dunning, John B. Jr., ed. (1992). CRC Handbook of Avian Body Masses. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arceúcha xorda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arceúcha xorda |
- Ageing and sexing (PDF; 0.57 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
- Plumas de arceúcha xorda (Lymnocryptes minimus)Arquivado 04 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en Ornithos.deArquivado 04 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- Folla de datos de BirdLife species para Lymnocryptes minimus
- Vídeos, fotos, e sons de Arceúcha xorda na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Arceúcha xorda en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Lymnocryptes minimus en IUCN Red List maps