Calendario hindú
O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.
- Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme o movemento real das estacións, o sol e os astros.
- Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.
- Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.
- Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.
Tamén existen varias eras.
- a Era Vikram.
- a Era Saka: o ano 0 é o 78, o 79 é o ano 1, o 21 de marzo de 2000 comezou o ano 1922; véxase orixe da era Saka.
Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.
corresponde no calendario occidental | nomes dos meses (en hindi) | pronunciación aproximada | Estacións |
---|---|---|---|
marzo - abril | चैतर | cheitr | वसंत (vasant, = “primavera”) |
abril - maio | वेशाख | veshaj | |
maio - xuño | जयैषठ ou जेठ | yieshz ou yez | गरीषम (grishm = “as calores”) |
xuño - xullo | आशाढ़ ou असाढ़ | âshâŗh ("r" pronunciado coa lingua na mesma posición que para pronunciar "d" + expiración) | |
xullo - agosto | सावन | shrâvan ou sâvan | वरषा (varşhâ = “as choivas”) |
agosto - setembro | भादरपद ou भादों | bhadõ | |
setembro - outubro | आशिव ou कवार | âshvin ou kvâr | शरद (sharad = “outono”) |
outubro - novembro | कािरतक | kârtik | |
novembro - decembro | अगहन | aghan | हेमंत (hemant = “inverno”) |
decembro - xaneiro | पौष ou पूस | pûs ou paush | |
xaneiro - febreiro | माघ | mâgh | िशिशर (shishir = “a rosada”) |
febreiro - marzo | फगुन ou फलगुन | fagun o falgun | |
aquí os meses preséntanse na orde do "Calendario Nacional Hindú", os meses empezan entre o 20 e o 23 do primeiro mes occidental citado, duran 30 ou 31 días, noutros calendarios a duración pode ser máis variable (entre 29 e 32). |
Eras :
[editar | editar a fonte]O 21 de marzo de 2000 (calendario gregoriano) comezou:
- o ano 1922 da era Saka
- o ano 2057 da era Vikram
A era Kali (a era "kali yuga" ou do ferro) comezou o 18 de febreiro de -3102 do calendario gregoriano.
Días da semana no calendario hindú (segundo os nomes hindús):
- Domingo : रविवार o इतवार
- Luns: सोमवार
- Martes: मंगलवार
- Mércores: बुधवार
- Xoves: गुरुवार aux बृहसपितवार
- Venres: शुक्रवार
- Sábado: शनिवार
Ligazóns externas:
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calendario hindú |