Saltar ao contido

Ángela Iglesias Rebollar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngela Iglesias Rebollar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor en Wikidata
O Baixo Miño, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
monte da Guía, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Niebla García Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7894

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda cara a 1910 ou 1911[1] e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada durante a Guerra Civil Española.

NA MEMORIA
DOS HOMES E MULLERES
DE TEIS ASASINADOS E
REPRESALIADOS DURANTE
A DITADURA FASCISTA
(1936-1975) POLA
DEFENSA DA DEMOCRACIA E DOS
INTERESES POPULARES

NESTE LUGAR FORON ASASINADOS
ÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR E
JOSÉ NIEBLA GARCÍA   11-04-1937

TEIS, 25 DE DECEMBRO DE 2008

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estaba casada con José Niebla García, con quen tiña dous fillos, José e Eliseo, e esperaba un terceiro. Evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 31 de marzo de 2008 o concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa.[3][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]