Mar de Tracia
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Exeo | |||
Localización | ||||
División administrativa | Grecia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 1.600 m | |||
O mar de Tracia (grego Θρακικό Πέλαγος, Thrakikó Pélagos, en turco Trakya Denizi) é un mar epicontinental na parte setentrional do mar Exeo, que baña as costas gregas de Macedonia e Tracia, e a parte nororiental de Turquía. De oeste a leste, esténdese desde a península do Monte Athos, á Calcídica, ata a península de Gallípoli aos Dardanelos. citase o paralelo 40°N como o límite meridional, coas illas de Lemnos e Ténedos (Bozcaada). Ademais, inclúe as illas de Tasos, Samotracia e Imbros (Gökçeada).
Forma diversos entrantes na costa, como os golfos de Ierisos e o Estrimónico, na parte occidental; o golfo de Kavala, na costa norte, e o Saros, na parte oriental.
No mar de Tracia desembocan os ríos Estrimón, Nestos e Evros ou Meriç, marcando este último a fronteira entre Grecia e Turquía.
Os principais portos están nas cidades gregas de Alexandrópolis, Kavala e Tasos. Hai unha estación balnearia, chamada Loutra Eleftheron, preto de Kavala.
Referencias
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Tracia |
Outros artigos
- Mar Exeo
- Mar de Creta, parte meridional do mar Exeo