Tarsy Carballas
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1934 (90 anos) Taboada, España |
Residencia | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - farmacia Universidade de Santiago de Compostela - química |
Director de tese | Francisco Guitián Ojea |
Actividade | |
Campo de traballo | Edafoloxía |
Lugar de traballo | Consello Superior de Investigacións Científicas |
Ocupación | académica |
Premios | |
| |
María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España.[1] Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno.[2] Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Segunda Fernández Porto e Modesto Carballas Cadahía (1906-1975), que foi oficial maior do concello de Taboada e correspondente de El Progreso nesta vila.
Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1958 e en 1963 foi Premio Extraordinario de Licenciatura en Ciencias Químicas[3]. Doutorouse en Farmacia, pero especializouse en Bioquímica e Edafoloxía.[3]
Estudou primeiro na Universidade de Santiago, e logo na de Nancy (Francia). Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español; tamén ingresou na Real Academia Galega de Farmacia (2003)[4], e foi a primeira en formar parte da xunta de goberno da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo (1980-84)[4]. É Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo.[4]
Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía[5]. Ocupou a cátedra de Edafoloxía na Universidade de Santiago.[3] Fundou en 1980 o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), no que exerceu a dirección entre 1994 e 2004.[3]
Mantén un campo de investigación sobre solucións para recuperar o solo das áreas afectadas por incendios. Ten máis de duascentas publicacións e unha ducia de libros.[6]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[7]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Martín, A., Díaz-Raviña, M., Carballas, T. 2010. Short- and medium-term evolution of soil properties in Atlantic forest ecosystems affected by wildfires. Land Degradation and Development (DOI: 10.1002/ldr.1078). Elsevier, Reino Unido.
- González-Prieto, S.J., Carballas, T. (1991). Composition of organic N in temperate humid region soils (NW Spain). Soil Biol. Biochem. Volume 23:887-895
- 1990. Mapa Mundial de suelos: leyenda revisada. V. 60 de Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos. Ed. FAO. 142 pp. ISBN 9253030224
- Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández. 1982. Suelos naturales de la provincia de Orense. Ed. Consello Superior de Investigacións Científicas, Instituto de Investigaciones Agrobiolóxicas de Galicia. 114 p. ISBN 8400051750
- Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1976). Técnicas de análisis de suelos, v. 70 de Monografías de ciencia moderna. Ed. Pico Sacro. 288 p. ISBN 8485170091
- Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández, F. Díaz Fierros (1973). Suelos de la zona húmeda española. VII. Suelos naturales del Pirineo oscense. Pirineos, v. 108:5-40
- Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1968). Suelos de la zona húmeda española. III. Ranker atlántico. Anales Edafol. Agrobiol. 27: 57-73
- Carballas, T., Duchaufour, Ph. Jacquín, F. (1967). Evolution de la matière organique des rankers. Bull. ENSA de Nancy 9: 20-28
- 1963. Níquel en los suelos de la provincia de La Coruña Boletín Universidade Compostelana 71: 651-684
Galardóns e homenaxes
[editar | editar a fonte]- 1963: Premio extraordinario de licenciatura.[8]
- 1972: Premio Fray Bernardino de Sahagún[4] de traballos científicos.
- 1977: Diploma do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia[4].
- 1982: Premio Galicia de Investigación (Modalidade de Ciencias) [4]
- 2004: Doutora «ad Honorem» do CSIC. [4]
- 2006: Presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.[4]
- 2009: Medalla Castelao pola súa contribución á cultura galega.[9][10]
- 2011: Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo.[4]
- 2012: Premio María Josefa Wonenburger Planells[11] en recoñecemento á súa labor de investigación.
- 2012: Premio a la Excelencia Química 2012 por un estudo da prevención de incendios forestais,[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bernard Souchier. 1981. Migrations organo-minérales dans les sols tempérés: Nancy, 24-28 septembre 1979. Volume 303 de Colloques internationaux du Centre national de la recherche scientifique. Ed. CNRS. 500 pp. ISBN 2222026814
- ↑ Reseña Arquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Academia de Farmacia de Galicia
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 García, Victoria (8 de marzo de 2018). "Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo". GCiencia. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 García, Victoria (2018-03-08). "Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo". GCiencia. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ 1982. Anales de edafología y agrobiología. Volume 41, Nº 1-2. Ed. Consejo Superior de Investigaciones Cientificas
- ↑ "María Tarsy Carballas Fernández". Dialnet Plus. Consultado o 6 marzo 2018.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias. 1964. Acta cientifica Compostelana. Volumes 1-4. Ed. Facultade de Ciencias
- ↑ Tarsy Carballas, Diz-Lois, García Alén, Pérez-Barreiro y Marcos Valcárcel recibirán la Medalla Castelao 2009
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - García Alén, Tarsy Carballas e Marcos Valcárcel, Medalla Castelao 2009". www.vieiros.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ ABC (4 de outubro de 2012). "Entregan el premio María José Wonenburger Planells 2012 a Tarsy Carballas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2012.
- ↑ Una investigadora gallega gana el premio Excelencia Química 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Pintos Barral, X. (2015) As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago de Compostela.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Curriculum Vitae, Consello Superior de Investigacións Científicas, marzo de 2011.
- María Tarsy Carballas, profesora de investigación. Roberto y Carlos Mirás. Sesenta y más, ISSN 1132-2012, Nº. 274, 2008, páxs. 54-57
- "La Ley de Incendios no contempla la realidad", entrevista en El País, 5 de agosto de 2007 (en castelán).
- "Como científica síntome frustrada porque o que descubrimos non se leva á práctica"Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine., entrevista en Galicia Hoxe, 12 de xullo de 2008.
- Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo. Artigo de Victoria García en Gciencia.