Eulogio Gómez Franqueira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Nome orixinal | (es) Euloxio Gómez Franqueira |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xuño de 1917 Cenlle, España |
Morte | 20 de abril de 1988 (70 anos) Ourense, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Agricultura |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario, político |
Familia | |
Fillos | Manuel Gómez-Franqueira |
Premios | |
Eulogio Gómez Franqueira, nado en Cenlle en 1917 e morto en Ourense o 20 de abril de 1988, foi un mestre, empresario e político galego de centro-dereita[1] ourensán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio e exerceu como mestre durante case vinte anos, primeiro en San Amaro e logo en Castrelo de Miño.
Aínda que simpatizante das Mocedades Galeguistas durante os anos finais da Segunda República, a súa carreira política naceu durante o franquismo, vencellado ás súas estruturas de poder. En 1954 accedeu a un posto de concelleiro en Castrelo de Miño e chegou a presidente da Irmandade de Labradores, co que se iniciou na vida pública oficial vencellado aos sectores produtivos agrícolas. Neste período foi tamén mediador entre Fenosa e os campesiños nas negociacións da expropiación dos terreos onde se construiría o encoro de Castrelo de Miño e procurador nas cortes de Franco.
Como empresario iniciouse tamén en Castrelo de Miño, onde montou unha cooperativa de repartición de produtos. En 1959, Gómez Franqueira foi nomeado xerente da Unión Territorial de Cooperativas Ourensás (UTECO) e impulsou as Cooperativas Ourensás (COREN), nacidas en 1961. Na fundación da empresa, que tivo ao comezo unicamente unha vintena de socios e unha achega de capital tecnolóxico estadounidense (Swift), puxo todo o seu esforzo, e dela obtivo os maiores rendementos económicos e tamén políticos. O seu obxectivo era abrir as actividades destas cooperativas para que entre todas puidese controlar o proceso produtivo completo, dende a obtención de materias primas até a comercialización dos produtos finais.
En 1962 participou na creación da Caixa Rural de Ourense, que naceu fundamentalmente co obxectivo de dotar de financiamento todo o proxecto cooperativista. En 1964, ao que todo o know-how fora absorbido, a empresa desfíxose da colaboración da firma estadounidense e construíu a súa primeira fábrica de pensos. En 1965 constituíuse a Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos e en 1966 comezou a funcionar un matadoiro avícola para sacrificar os pitos das explotacións. Pensos, criadeiro, matadoiro e unha clasificadora de ovos pecharon o círculo do negocio. Con este pulo estendeu as súas actividades nas áreas agrícola, gandeira, avícola e porcina. O que comezou como unha sociedade puramente avícola converteuse co nome de COREN-UTECO, e logo xa unicamente Coren, no eixo de toda a gandaría de carne en Galicia con producións nos sectores porcinos, vacún de carne, ovos, patos, pavos e coellos.
No ano 1977, colaborou na creación da Unión de Centro Democrático, (UCD). Precisamente con ese partido foi deputado por Ourense na lexislatura constituínte (do 14 de xullo de 1977 ata o 23 de marzo de 1979) e despois, durante dúas lexislaturas, máis ata o 15 de xullo de 1986. Porén, esta última lexislatura correspondeuse coa desfeita electoral da forza centrista, e Gómez Franqueira, sen deixar o seu escano de deputado no Congreso, fundou primeiramente Centristas de Ourense e finalmente, en 1983, Coalición Galega.
En xuño de 1980 un comando de ETA político-militar tentou secuestralo na súa casa de Razamonde. Os terroristas finxiron unha avaría no coche e entráronlle na casa coa escusa de chamar por teléfono. Ao que entraron, sacaron as armas e obrigaron a Gómez Franqueira a que os acompañase. Este, que estaba en pixama, pediu para vestirse, e aproveitou o momento para tirar unha pistola de riba dun armario e disparar os etarras, ferindo a un, José Antonio Alcocer Gabaldón, Zapatóns, no pescozo e na mandíbula. Eludiu os refachos dos outros terroristas botándose ao chan entre as camas do dormitorio e apagando a luz. Este terrorista, ferido, foi detido nun piso de Vigo uns días despois.
En 1984 sufriu un derramo cerebral que o afastou da vida política, co que se abriu unha crise de liderado na formación nacionalista de centro. O goberno de Galiza outorgoulle a Medalla Castelao no ano 1986. Ao seu falecemento, o seu fillo Manuel Gómez-Franqueira pasou a dirixir a empresa, da que é conselleiro delegado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Justo G. Beramendi, De provincia a nación. Edicións Xerais, 2007, páxinas 1.109 e 1.113.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eulogio Gómez Franqueira |