Juan José Barcia Goyanes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1901 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de xullo de 2003 (101 anos) Valencia, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 5 de maio de 1972 – Rafael Bartual Vicens → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
4 de abril de 1967 – 15 de novembro de 1967 ← José Corts Grau Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Reitor da Universidade de Valencia | |
1967 – 1972 | |
Decano Facultat de Medicina i Odontologia (en) | |
1945 – 1964 | |
Presidente da Deputación da Coruña | |
29 de outubro de 1938 – 1939 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | psiquiatra, médico, político |
Empregador | Universidade de Valencia, reitor Universidade de Salamanca |
Membro de | |
Premios | |
| |
Juan José Barcia Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1901 e finado en Valencia o 13 de xullo de 2003, foi un médico e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Barcia Eleicegui (1877-1946) e neto de Juan Barcia Caballero (1852-1926). Estudou o Bacharelato en Compostela e licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1922, recibindo o «premio Rodríguez Abaytúa» da Real Academia de Medicina ao mellor expediente do país.[2]. En 1925 leu a súa tese de doutoramento titulada Variedades atávicas y las detenciones en el desarrollo, estudiadas en el maxilar superior de los locos. Acompañou en varias ocasións ao seu pai, médico militar no norte de África, onde iniciou o seu interese pola cultura árabe. Obtivo por oposición a praza de profesor auxiliar temporal de Anatomía sendo alumno e colaborador do profesor Rodríguez Cadalso. Foi médico do sanatorio de Ángel Baltar Cortés, que o iniciou na Cirurxía. En 1926 obtivo a cátedra de Anatomía da Universidade de Salamanca.[3] En 1929 trasladouse a Valencia para ocupar a cátedra de Anatomía.[Cómpre referencia] Nese ano obtivo a praza de Xefe de Servizo de Enfermidades Nerviosas do hospital de Valencia. En 1930 transformou o servizo de Enfermidades Nerviosas en Servizo de Neuropsiqiatría e Neurocirurxía e o 22 de novembro de 1931 realizou a primeira operación neuroquirúrxica en España.[3]
O inicio da Guerra Civil Española sorprendeuno en Santander, nun curso da Universidade de Verán. O 29 de outubro de 1938 foi nomeado presidente da Comisión Xestora da Deputación da Coruña. Ao rematar a guerra volveu a Valencia e continuou a súa actividade. Ao crearse o Consello Superior de Investigacións Científicas foi nomeado Xefe da Sección de Neuroloxía do Instituto Cajal.
Fundou a Revista Medicina Española,[3] e a Revista Española de Neurooftalmología y Neurocirugía. Tamén foi un dos fundadores da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía.
Foi presidente da Sociedad Española de Neurología e da Sociedad Española de Anatomía e membro de honra de varias sociedades europeas e americanas.
Foi decano da Facultade de Medicina de Valencia (1945-1964), logrou a creación da nova Facultade de Medicina, inaugurou o novo hospital Clínico, rescatou a biblioteca histórica e, coa colaboración do profesor López Piñero, creou a nova biblioteca e Hemeroteca. Foi reitor da Universidade de Valencia (1965-1971).[Cómpre referencia]
Organizou Congresos e Reunións, como o controvertido Primeiro Congreso de Historia do País Valenciano.
Predecesor: Emilio de las Casas Soriano |
Presidente da deputación da Coruña 1938 - 1939 |
Sucesor: Emilio Romay Montoto |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1927 casou con María de la Encina Salorio Suárez,[4] irmá do que sería alcalde da Coruña Demetrio Salorio Suárez e tía do oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio. O matrimonio tivo catro fillos: María de la Encina, nai do bailarín Nacho Duato,[5] Juan Luis, Demetrio e María de los Ángeles.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SANCHEZ SALORIO, M.. Demetrio Pita en la memoria y en el corazón (en español). Arch Soc Esp Oftalmol [online]. 2006, vol.81, n.2 [citado 2010-01-16], pp. 61-62. ISSN 0365-6691].
- ↑ Demetrio Barcia Salorio (psiquiatria.com). "Prof. Juan José Barcia Goyanes (1901-2003). In memoriam" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Giner R. Profesor Barcia Goyanes: In memoriam[Ligazón morta] (en español). Neurocirugía, 2003, 14:342-343. Último acceso 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ Historia de la neurocirugía española. La escuela de Valencia: J.J. Barcia Goyanes
- ↑ Nacho Duato se siente coruñés
- ↑ Juan José Barcia Goyanes