Pilar Llop
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Pilar Llop Cuenca, nada en Madrid o 3 de agosto de 1973, é unha xuíza e política española, especialista en violencia de xénero, deputada da Asemblea de Madrid dende 2015, senadora por designación autonómica dende xullo de 2019 e presidenta da Cámara Alta dende decembro do mesmo ano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]De familia humilde, o seu pai, nado en Barcelona, era taxista[2] e a súa nai, nada en Madrid de orixe asturiana, era perruqueira.[3][4] Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén é especialista en tradución xurídica inglés-español pola Universidade de Alacant. Foi estudante Erasmus durante o último ano da súa licenciatura na Universidade de Viena e fala inglés, alemán e francés, ademais de saber italiano e búlgaro.[4]
Traxectoria na Maxistratura
[editar | editar a fonte]Formouse en Barcelona na Escola Xudicial e cando ingresou no poder xudicial por oposición, en 1999, un dos seus primeiros destinos foi o xulgado número 1 de Mataró; momento no que tiña a súa residencia en Xirona.[2]
Dende 2001, estivo destinada a diferentes lugares como xuíza instrutora, posto no que entrou en contacto coa trata e a violencia contra as mulleres. En 2004, foi ascendida a maxistrada e comezou a tomar contacto coa perspectiva de xénero e a formarse, asistindo voluntariamente a cursos organizados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre violencia de xénero e igualdade, segundo explicou nalgunhas entrevistas ao dar o paso á política.
En 2009, accedeu a un xulgado especializado en violencia de xénero. De 2011 a 2015 foi avogada no Gabinete Técnico do Consello Xeral do Poder Xudicial, con responsabilidades como a xefa da Sección do Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero,[2] Secretaria da Comisión de Igualdade, Secretaria do Foro de Xustiza e Discapacidade e Secretario do Comité de Dirección do Consello Xeral do Poder Xudicial. O seu derradeiro destino xudicial antes de se incorporar á política, foi o xulgado de violencia de xénero número 5 de Madrid.[4][5]
Proxectos internacionais
[editar | editar a fonte]Entre 2006 e 2007, Llop compaxinou a súa carreira como maxistrada coa de consultora internacional e traballou para a Comisión Europea na Dirección Xeral de Cooperación Internacional (AIDCO) de Bruxelas, encargada de xustiza, dereitos humanos e asuntos das ONG; así como en diversos proxectos internacionais en países en preadhesión á Unión Europea. De xullo de 2009 a decembro de 2010 traballou en Bulgaria como asesora residente no proxecto de irmandamento para fortalecer o sistema xudicial búlgaro e, en 2017, estivo na República Dominicana dentro dun proxecto da Unión Europea para apoiar e potenciar o Ministerio da Muller dominicano.[6]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]En 2015, anunciou o seu paso á política como candidata a deputada autonómica no número 8 da lista do PSOE para as eleccións á Asemblea de Madrid de 2015[7][8] na candidatura de Ángel Gabilondo.[2][3] Foi a número 8 da lista e obtivo un escano. Na 10ª lexislatura da Asemblea de Madrid, foi o portavoz da Comisión de Xustiza e da Comisión de Estatuto de Autonomía, Regulamento e Estatuto Adxunto, ademais de membro do Consello Permanente.
En abril de 2016, anunciouse que sería o número dous da lista do PSOE por Madrid, que sería encabezada por Pedro Sánchez, en substitución de Meritxell Batet, que pasaría á cabeza da lista por Barcelona, [9]mais, finalmente o posto foi ocupado por Margarita Robles.[10] En xullo de 2018, foi nomeada delegada do goberno para a violencia de xénero en substitución de María José Ordoñez.[2][5][11][12] Deixou o seu posto en abril de 2019, tras anunciar a súa intención de presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid en 2019, sendo elixida en maio. En xullo, a Asemblea de Madrid nomeouna senadora rexional.[13] Converteuse en senadora o 11 de xullo de 2019 e o 31 de xullo o seu grupo parlamentario asignouna ás comisións de Igualdade, Xustiza, Xerais das Comunidades Autónomas e Defensa,[11] sendo elixida presidenta desta última.[14] Despois da repetición electoral das elección xerais de novembro de 2019, Llop foi elixida presidenta da Cámara Alta por 130 votos a favor.[15]
Posturas políticas
[editar | editar a fonte]É independente, non está afiliada ao PSOE, por ser incompatible co seu exercicio como xuíza[15] e está afiliada á asociación xudicial Jueces para la Democracia.[4]
Defende a necesidade de que os xuíces e fiscais que manexan procesos de violencia de xénero teñan formación especializada en perspectiva de xénero; de xeito, que cando os casos cheguen a eles se afasten dos estereotipos.[6] Está a favor de reformar e adaptar os delitos contra a liberdade sexual á complexidade xurídica. Respecto da sentenza contra La Manada, sinalou que o medo é un elemento esencial para considerar que hai intimidación: "o Tribunal Supremo di que para que haxa intimidación a ameaza debe estar de palabra ou de feito. O medo é un elemento esencial. E o medo vicia calquera consentimento. Sempre".[16]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada e ten unha filla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruiz Alonso, Germán (3/12/2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". El País (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Merino, Juan Carlos (6 de decembro de 2019). "Pilar Llop, la presidenta que fue feliz en Catalunya". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (4 de decembro de 2019). "'Piluqui' Llop, la hija de la peluquera en Bellas Vistas: de ayudar en el local a presidenta del Senado". elespanol.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Redacción (6 de xullo de 2015 -actualización 11 de outubro de 2018-). "Pilar Llop: «Estoy en política para que la igualdad entre hombres y mujeres sea una realidad»". confilegal.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Álvarez, Pilar (13 de xullo de 2018). "Pilar Llop, nueva delegada del Gobierno para la Violencia de Género". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 Polanco, Deyanira (16 de novembro de 2017). "Jueza española: los casos de violencia contra la mujer deben ser conocidos por tribunales especializados". listindiario.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ "JUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE MADRID. Elecciones a la Asamblea de Madrid 2015. PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS. FASE PROCLAMACIÓN" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid (en castelán) (99): 37. 28 DE ABRIL DE 2015. Archived from the original on 11 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Treceño, Jaime (24 de marzo de 2015). "Un perfil técnico como número 2 de Ángel Gabilondo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (30 de abril de 2016). "La jueza Pilar Llop será la número dos de Sánchez en el sitio de Batet". elnacional.cat (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Romero, Juanma (13 de maio de 2016). "Sánchez 'revoluciona' las listas de Madrid y Barcelona para taponar la sangría de votos". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 Redacción (2 de decembro de 2019). "Así es Pilar Llop, la nueva presidenta del Senado: jueza políglota, feminista, casada y madre". eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Castro, Irene (12 de xullo de 2018). "Pilar Llop: una jueza bregada contra el maltrato a las mujeres será la delegada del Gobierno para la violencia de género". eldiario.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ EFE (10 de xullo de 2019). "La Asamblea de Madrid designa a los siete senadores de la Comunidad". eleconomista.es (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Alberola, Miquel (31de xullo de 2019). "El PSOE copa la presidencia de 28 de las 29 comisiones del Senado". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ 15,0 15,1 Ruiz Alonso, Germán (3 de decembro de 2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (27 de abril de 2018). "Pilar Llop Cuenca: "El miedo es un elemento esencial para considerar que hay intimidación. Y el temor vicia cualquier consentimiento. Siempre"". ondacero.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Llop |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na Asemblea de Madrid (en castelán)
- Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados (en castelán)
Predecesor: Manuel Cruz |
Presidencia do Senado 2019 - 2021 |
Sucesor: Ander Gil García |