Saltar ao contido

Nacionalismo hazara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Hazarajat.
A área en verde escuro no centro do país representa Hazarajat.

O nacionalismo hazara é un movemento nacionalista que defende a idea de que os hazaras, un grupo étnico da rexión de Hazarajat, en Afganistán, son unha nación distinta e merecen ter un estado nación de seu. O movemento defende a idea de que os musulmáns non son unha nación e que lealdade étnica está por enriba da lealdade relixiosa. Esta visión está apoiada polos levantamentos de independencia de Hazarajat na década de 1890 así como pola discriminación sistemática que moitos hazaras sofren historicamente dentro de Afganistán.[1] Os hazaras están considerados como un dos grupos máis oprimidos de Afganistán,[2] e a súa persecución e violencia contra eles data de varias décadas atrás.[3]

Etnia hazara e nacionalismo

[editar | editar a fonte]

O nacionalismo hazara provén das raíces lingüísticas e ancestrais na rexión de Hazarajat do actual Afganistán central. O movemento conta cun considerable apoio da diáspora hazara en Australia, o Reino Unido, Suecia, Noruega, os Estados Unidos de América, o Canadá e outros países. Os sucesivos gobernos afgáns dominados por paxtos afirmaron repetidamente que os nacionalistas hazaras recibiron financiamento de Irán,[4] malia o feito de que os nacionalistas hazaras están en contra do réxime iraniano, e teñen criticado ao réxime teocrático en moitas ocasións por discriminar ao pobo hazara en Irán. Segundo eles, estas acusacións son a táctica de propaganda habitual que os gobernos dominados por paxtos empregan contra o pobo hazara.[5][6]

  1. kabulpress.org (ed.). "The Hazara Nationalism in Music and Historical Literature". Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  2. Emadi, Hafizullah (setembro de 1997). "The Hazaras and their role in the process of political transformation in Afghanistan". Central Asian Survey 16 (3): 363–387. doi:10.1080/02634939708400997. Hazaras are one of the oppressed and dispossessed national minority communities of the country. 
  3. Mousavi, S. A. (24 de outubro de 2018). The Hazaras of Afghanistan. Routledge. 
  4. dailytimes.com.pk (ed.). "Ethnic nationalism and the plight of the Hazaras". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  5. hazarapeople.com (ed.). "Hazara activists demonstrate against Iranian regime". Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  6. hazarapeople.com (ed.). "Discrimination against the Hazara people in Iran". Consultado o 3 de setembro de 2021.