Saltar ao contido

Nacionalismo baluchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos baluchis.
Os principais grupos étnicos da rexión no ano 1980, os baluchis están sinalados en rosa.






Poboación baluchi por país en porcentaxe (2020).      Paquistán (61.8%)     Irán (18.2%)     Afganistán (13.6%)     Emiratos Árabes Unidos (2.7%)     Outros (3.7%)

O nacionalismo baluchi[1] é o nacionalismo que afirma que o pobo baluchi, grupo étnico de Paquistán, Irán e Afganistán, é unha nación distinta. O movemento afirma a idea de que os musulmáns non son unha nación e que lealdade étnica está por enriba da lealdade relixiosa. Esta ideoloxía oponse ó concepto da creación de Paquistán, o cal foi desafiado tanto pola guerra civil de 1971 en Paquistán Oriental como pola discriminación que moitos mohajir sufriron historicamente dentro de Paquistán.[2]

The News International informou no ano 2012 que unha enquisa local da organización "Gallup" revelou que a maioría dos baluchis non apoian a independencia de Paquistán. A enquisa reflicte que o 37% dos baluchis estaban a prol da independencia. Entre os paxtos de Baluchistán o apoio á independencia era aínda menor, co 12%. Porén, unha maioría (o 67%) da poboación de Baluchistán estaban a prol dunha maior autonomía provincial.[3] Unha enquisa de 2009 do Centro de Investigación Pew revelou que o 58% dos preguntados en Baluchistán escolleron ″paquistaní″ como o seu principal xeito de identificación, mentres que o 32% escolleu a súa etnia e un 10% escolleu ambos.[4]

  1. Definición de baluchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Murtaza, Dr Niaz (23 de xaneiro de 2014). "The Mohajir question". DAWN.COM (en inglés). 
  3. "37pc Baloch favour independence: UK survey". The News International. 13 de agosto de 2012. 
  4. "Pakistani Public Opinion – Chapter 2. Religion, Law, and Society". Pew Research Center. 13 de agosto de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]