Manuel Murguía
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nome orixinal | (gl) Manuel Murguía |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Manuel Antonio Martínez y Murguía 17 de maio de 1833 Arteixo, España |
Morte | 2 de febreiro de 1923 (89 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
1º Presidente da Real Academia Galega | |
1906 – 1923 – Andrés Martínez Salazar → | |
Datos persoais | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, Polígrafo, arquiveiro, poeta, xornalista |
Partido político | Asociación Regionalista Gallega Liga Gallega |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, novela, narrativa |
Pseudónimo literario | Manuel Murguía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Rosalía de Castro |
Fillos | Alejandra (1859-1937) Aura (1868-1942) Gala (1871-1964) Ovidio (1871-1900) Amara (1873-1921) Adriano (1875-1876) Valentina (1877 nada morta) |
Nai | Concha Murguía Egaña |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Martínez Murguía (Manuel), p.261-262) |
Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 2 de febreiro de 1923[1], foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel Murguía era fillo de Concepción Murguía Egaña e Juan Martínez de Castro. Naceu en Froxel cando a súa nai ía ao santuario da Virxe de Pastoriza. O seu pai era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois, seguramente en 1837, en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galicia influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
A partir de 1845 comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850, e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba no contorno do Liceo de la Juventud, onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro.
Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, Alejandro Chao. En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela Desde el cielo. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".
Tamén coñeceu en Madrid a Rosalía de Castro e tamén colaborou en xornais galegos como La Oliva. Escribiu unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de Santo Ildefonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares gallegos, considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.
Algo que se pode considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.
En 1859 o matrimonio trasladouse a Santiago de Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galicia. Esta obra foi reeditada en Lugo en 1868.
En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos[2] e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Na revolución de setembro de 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas. Desde que empeza nese arquivo, suscítanse tres conflitos graves e no último Murguía “llegaría a las manos, y originó un expediente sonado, de cuya consecuencia se originó el traslado fulminante de Murguía al Archivo General de Galicia”[3] en 1870. Será desde ese ano xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875,[4] e máis tarde, no 1879, foi director de La Ilustración Gallega y Asturiana. A súa amizade co ministro Saturnino Álvarez Bugallal é posíbel que levase a este a incluír Galicia canda os demais territorios forais tradicionais no Real Decreto de 2 de febreiro de 1880, aínda cando o dereito galego non era de carácter foral en sentido estrito, senón consuetudinario. Este feito acabou conducindo á promulgación da Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia en 1963, antecedente do actual Dereito civil galego.[5][6] Murguía publicou en 1882 El foro. Sus orígenes, su historia, sus condiciones, un estudo sobre a propiedade territorial de Galicia que resultou premiado no certame literario celebrado en Pontevedra e que foi dedicado a Álvarez Bugallal.
No ano 1885 foi nomeado Cronista Xeral do Reino á instancia da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[7] No 86 (ao ano de morrer Rosalía) publicou Los Precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega,[8] e dirixiu en Santiago de Compostela o xornal La Región Gallega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galicia. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.
¡O noso idioma!, o que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nós achamos a punto de non entendelo.[9]
En 1892 foi destinado á Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.[Cómpre referencia]
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.
Manuel Murguía finou na madrugada do 2 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña[10], sendo soterrado no camposanto de Santo Amaro. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía. Revista Galega de Historia, na súa honra.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- La Primera Luz (1859). Vigo: Juan Compañel.
- De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter (1861).
- Diccionario de escritores gallegos (1862).[2] Vigo: Juan Compañel.
- Historia de Galicia:
- T. I (1865). Lugo: Soto Freire.
- T. II (1866). Lugo, Soto Freire.
- T. III (1888). A Coruña: Libr. de A. Martínez Salazar.
- T. IV (1891). A Coruña: Libr. de E. Carré Aldao.
- T. V (1913). A Coruña: Imprenta e fotograbado de Ferrer.
- Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia (1871). A Coruña.
- Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo (1876). Santiago: Est. Tip. de El Diario.
- El foro (1882). Madrid, Libr. de Bailly Bailliere.
- El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria (1884). Madrid, Est. Tip. de Fernando Fé.
- Los Precursores (1886).[8] A Coruña, Latorre y Martínez Editores, Biblioteca Gallega.
- Galicia (1888).[11] Barcelona: Daniel Cortezo.
- El regionalismo gallego (1889). A Habana: Imp. La Universal.
- En prosa (1895). A Coruña. Contén a novela El puñalito.
- Don Diego Gelmírez (1898). A Coruña, Imprenta y Librería de Carré.
- Los trovadores gallegos (1905). A Coruña, Imp. de Ferrer.
- Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada en Mondariz (1913). Imp. del Establecimiento.
- Politica y sociedad en Galicia, ed. de Xesús Alonso Montero e prólogo de Castelao (1974). Madrid: Akal, Colección Arealonga, 8.
Contos
[editar | editar a fonte]- Un can-can de Musard (1853).
- Un artista (1853). Madrid. Editado co título de Ignotus en Los Precursores (1886).[8]
Novelas
[editar | editar a fonte]- Desde el cielo, (1855). Madrid: La Iberia, 1855; Vigo: Imp. de La Oliva, 1856; Madrid: Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910
- Dende o ceo (2000). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 9788489976764. Tradución ao galego.
- Luisa (1855). Madrid e A Coruña en 1862.
- La Virgen de la Servilleta (1855). Madrid.
- El regalo de boda 1855). Madrid: La Iberia.
- Mi madre Antonia (1856). Vigo: La Oliva.
- Don Diego Gelmírez (1856). Madrid: La Oliva.
- El ángel de la muerte (1857). Madrid: La Crónica.
- La mujer de fuego (1859). Madrid.
Poemas
[editar | editar a fonte]- "Nena d’as soledades" (27-2-1856). La Oliva.
- "Madrigal" (8-3-1856). La Oliva.
- "La flor y el aire" (19-3-1856). La Oliva.
- "A una paloma" (3-5-1856). La Oliva.
- "A las ruínas del Castillo de Altamira" (31-5-1856). La Oliva.
- "En un Álbum" (31-5-1856). La Oliva.
- "Al partir" (1862), Galicia (A Coruña), páx. 39.
- "Madrigal", "Nena d’as soledades" e "Gloria", en El Álbum de la Caridad (1862). A Coruña.
- "Sueños dorados", en García Acuña (177) e antes en El Álbum de El Miño.
- "Ildara de Courel", en García Acuña (177-178).
- "Soneto de Pardo de Cela", en García Acuña (179).
- "Los versos fueron mi ilusión primera" (1903). En Naya (1950: 104).
- "Romance da flor da auga"[13].
Escolmas
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, X. (1974). Política y sociedad en Galicia. Arealonga. Madrid: Akal.
- Durán, J. A. (1998). Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía. Antoloxía básica, 1853-1923. Madrid: Real Academia Galega - Fund. Caixa Galicia. (Contén 58 artigos de Murguía).
- Rabuñal, H. (1999). Manuel Murguia (2ª ed.). Santiago: Laiovento. Contén "Nena d’as soledades", "A Curros", "Discurso nos Xogos Florais de Tui" e "Eduardo Pondal e a sua obra".
- Risco, V. (1976). Manuel Murguía. Vigo: Galaxia. Contén o Discurso nos Xogos Florais de Tui, "Eduardo Pondal e a sua obra", "A Curros", "Nena d’as soledades", pasaxes de Los Precursores ("Galicia" e "Rosalía"), "Discurso del Presidente" (na inauguración da Academia), "Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia", "El regionalismo gallego" e "A Don Juan Valera".
- Monteagudo, Teresa (introdución e notas); Alonso Girgado, Luís (2000). Manuel Murguía. Escolma. CIRP. ISBN 84-453-2776-3.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Murguía no Almanaque Gallego para 1900.]]
-
Retrato de Murguía.
-
Murguía retratado polo seu fillo Ovidio.
-
Busto de Murguía na Coruña.
-
Busto na casa museo de Rosalía en Iria Flavia.
-
O día que cumpriu 89 anos.
-
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manuel Martínez Murguía". Real Academia Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Fortes López, Ana Belén (2000). "O Diccionario de escritores galegos". Boletín da Real Academia Galega (361): 163–176.
- ↑ López Gómez, Pedro (9/8/2012) [1993]. "Murguía, funcionario y archivero". La cueva de Zaratustra (en castelán).
- ↑ Alfeirán Rodríguez, Xosé, García Miraz, María del Mar e Quiroga Barro, Gabriel, ed. (2000). Murguía e o Arquivo do Reino de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
- ↑ Rodr��guez Montero, Ramón P. (2006). "Sobre el proceso de formalización legislativa de las peculiaridades jurídico-civiles de Galicia. Un repaso histórico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006" (PDF). Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (en castelán) (10): 1011–1056, en 1015. ISSN 1138-039X.
- ↑ Herrero Oviedo, Margarita (2011). "De un derecho consuetudinario y especial a un derecho civil de Galicia" (PDF). Ius fugit: Revista de Estudios Histórico-Jurídicos de la Corona de Aragón (en castelán) (Zaragoza: Institución «Fernando el Católico») (16, 2009-2010): 105–118, en 108–109. ISSN 1132-8975.
- ↑ Álvarez Ruiz de Ojeda 2000.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Alonso Montero, X. (1998). "Los Precursores (1885): notas de lectura". Boletín da Real Academia Galega (361): 59–72.
- ↑ "24 de xuño de 1891: a primeira declaración de oficialidade do galego". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014.
- ↑ Porén, nalgunhas fontes a súa data aparece como o día 1. Cf. Axeitos e Barreiros 2000.
- ↑ Galicia en Internet Archive.
- ↑ Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ Sondenoso (2016-06-24). "Son de noso: Romance da flor da auga". Son de noso. Consultado o 2022-08-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Murguía |
A Galicitas posúe citas sobre: Manuel Murguía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV (2000). Boletín da Real Academia Galega. Manuel Murguía. Número monográfico. ISBN 84-87987-21-4.
- Álvarez Ruiz de Ojeda, Victoria (1996). "Sobre a "demisión" de Rosalía: unha carta inédita de Manuel Murguía". Grial (Galaxia) (131): 389–399. ISSN 0017-4181.
- —————— (2000). "Manuel Murguía e a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago". Grial (Galaxia). XXXVIII (147): 399–429. ISSN 0017-4181.
- —————— (2000). "Para unha bibliografía, correcta e completa, de Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega (361): 15–58.
- Axeitos, Xosé Luís e Barreiro, Xosé Ramón (2000). Manuel Murguía. Vida e obra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-525-6.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
- Durán, José Antonio (1999). A loita pola vida (1833-1923). Conflictos e tenruras de Manuel Murguía. Fundación Caixa Galicia-RAG.
- García Vega, Lucía (2012). "Rosalía de Castro, Manuel Murguía, su hija Aura y el contexto revolucionario de 1868". Madrygal (en castelán) (15): 67–76.
- Mayoral, Marina (2017). Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Real Academia Galega. ISBN 978-84-947823-0-5.
- Rábade Paredes, Xesús (2000). A vida de Manuel Murguía. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-358-8.
- Rabuñal, Henrique (2023). Murguía: cen anos despois. Santiago: Editorial Laiovento. ISBN 9788484876090.
- Risco, Vicente (1976). Manuel Murguía. Conciencia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-243-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Fundación da Academia |
Presidente da Real Academia Galega 1906 - 1923 |
Sucesor: Andrés Martínez Salazar |