Saltar ao contido

La Temporada en Mondariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Temporada en Mondariz
PaísEspaña
LugarMondariz-Balneario
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 2686
editar datos en Wikidata ]

La Temporada en Mondariz foi un semanario publicado en Mondariz entre 1888 e 1931.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Apareceu en xuño de 1888.[1] Publicación semanal que se repartía gratuitamente todos os domingos da temporada do verán entre os clientes do balneario de Mondariz. Imprimíanse, por termo medio, dezasete números anuais. A partir de 1924 reserváronse moitos espazos para o galego. En 1925 cambiou o seu formato polo de revista. Colaboraron na publicación Alfredo Vicenti, Celso G. de la Riega, Manuel Murguía, Aurelio Ribalta, Francisco Camba, Ramón Cabanillas e Federico Maciñeira. Entre os colaboradores literarias figuraron Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Amado Carballo, Manuel Antonio e Aquilino Iglesia Alvariño en poesía, e Vicente Risco e Ben-Cho-Shey con textos en prosa. Cesou a súa publicación en setembro de 1931.

  1. El Regional, 22-7-1888, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]