Saltar ao contido

Ernesto Teodoro Moneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnesto Teodoro Moneta
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1833
Milán, Italia Italia
Morte10 de febreiro de 1918 (84 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMissaglia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMilán Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXornalista, político e pacifista
Familia
IrmánsEnrico Moneta Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1369610 WikiTree: Moneta-3 Find a Grave: 219094426 Editar o valor en Wikidata

Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833 e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Quizais non está lonxe o día no que todos os pobos, esquecendo os antigos odios, se reúnan baixo a bandeira da fraternidade universal e, deixando todas as disputas, cultiven entre eles relacións absolutamente pacíficas, como o comercio e as actividades industriais, estreitando sólidos lazos. Nós esperamos ese día...

Estas foron as palabras que pronunciou nun dos congresos nos que participou tras a adhesión ás ideas pacifistas que empezaban a xurdir entre o final do século XIX e o principio do século XX.

Moneta, antigo patriota e xornalista, participou nas Cinco xornadas de Milán —sublevación contra os austríacos— e foi garibaldino. Dirixiu desde 1867 o periódico Il Secolo, seguidor das ideas e valores garibaldinos e radicais. En 1887 contribuíu na fundación da Unión Lombarda para a Paz e a Arbitraxe.

Na súa cidade natal, Milán, hai un monumento na súa memoria no que se pode ler a seguinte inscrición: «Ernesto Teodoro Moneta - Garibaldino - Pensador - Publicista - Apóstolo da paz entre xente libre».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]