Z (filme)
Z | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Z |
Director | Costa-Gavras |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | Z de Vassilis Vassilikos |
Intérpretes |
|
Música | Mikis Theodorakis |
Fotografía | Raoul Coutard |
Montaxe | Françoise Bonnot |
Estudio |
|
Distribuidora | Cinema V (USA) |
Estrea | 26 de febreiro de 1969 Festival de Cannes: maio de 1969 |
Duración | 127 minutos[1] |
Orixe | Alxeria Francia |
Xénero | Épico e dramático |
Recadación | 17,3 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Z é un filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras. O guión é obra de Gavras e Jorge Semprún, e baséase na novela homónima de 1966 escrita por Vassilis Vassilikos. O filme presenta unha versión lixeiramente ficcionalizada dos eventos arredor do asasinato do político demócrata grego Grigoris Lambrakis en 1963. Coa súa visión satírica da política grega, o seu escuro sentido do humor e o seu final sombrío, o filme captura a indignación pola ditadura militar que gobernou Grecia durante a época da rodaxe.
O filme vendeu un total de 3 952 913 de entradas en Francia e foi o cuarto filme con maior recadación dese ano no país.[3] Tamén foi o décimo segundo filme con maior recadación de 1969 nos Estados Unidos. Z tamén foi o primeiro filme en ser nomeado nos Premios Óscar ó mellor filme e mellor filme en lingua non inglesa, gañando o último. Tamén acadou o Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes, o BAFTA á mellor banda sonora e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa; na 27ª edición dos Globos de Ouro, os produtores de Z rexeitaron o premio en protesta contra a exclusión do filme na categoría de mellor filme dramático.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean-Louis Trintignant como xuíz de instrución (baseado en Christos Sartzetakis)
- Yves Montand como o deputado (Grigoris Lambrakis)
- Irene Papas como Helene
- Pierre Dux como o xeneral
- Jacques Perrin como fotoxornalista
- Charles Denner como Manuel
- François Périer como o procurador
- Georges Géret como Nick
- Bernard Fresson como Matt
- Marcel Bozzuffi como Vago
- Julien Guiomar como o coronel
- Magali Noël como irmá de Nick
- Renato Salvatori como Yago (Spyro Gotzamanis - o condutor)
- Clotilde Joanno como Shoula
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (25 de setembro de 1969). "Z (A)". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2016.
- ↑ "Top Grossing Independent Films". Variety: A52. 21 de febreiro de 1994.
- ↑ "Z (1969)- JPBox-Office". jpbox-office.com.
- ↑ Golden Globes website (ed.). "Trivia". Consultado o 2 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 42ª edición dos Óscar
- Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Z na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1969
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua rusa
- Filmes en lingua francesa
- Filmes de Alxeria
- Filmes de Francia
- Filmes dirixidos por Costa-Gavras
- Filmes rodados en París
- Filmes rodados en Francia
- Filmes rodados en Alxeria
- Filmes ambientados en 1963
- Filmes ambientados en Grecia
- Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa