The Zone of Interest (filme)
The Zone of Interest | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Zone of Interest |
Director | Jonathan Glazer |
Produtor |
|
Guión | Jonathan Glazer |
Baseado en | The Zone of Interest de Martin Amis |
Intérpretes | |
Música | Mica Levi |
Fotografía | Łukasz Żal |
Montaxe | Paul Watts |
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Festival de Cannes: 19 de maio de 2023 |
Duración | 105 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido[3] Polonia[4] Estados Unidos[3] |
Xénero | Drama histórico |
Recadación | 24,2 millóns de dólares |
Na rede | |
|
The Zone of Interest é un filme de 2023 escrito e dirixido por Jonathan Glazer. É unha coprodución entre o Reino Unido, Polonia e os Estados Unidos de América. A historia baséase bvagamente na novela homónima de 2014 escrita por Martin Amis, que á súa vez está baseada en feitos reais. Está protagonizado polos actores alemáns Christian Friedel e Sandra Hüller como o comandante nazi e a súa muller Hedwig, e o filme conta a historia da parella mentres se esforzan por construír unha vida de soño para a súa familia nunha casa na zona de interese xunto ao infame campo de concentración de Auschwitz.[3]
The Zone of Interest estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 o 19 de maio, conseguindo o Gran Premio e o Premio FIPRESCI, e foi considerado como un dos mellores cinco filmes internacionais de 2023 pola National Board of Review. Foi escollido como candidato do Reino Unido para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, o cal finalmente gañou, e tamén foi nomeado noutras categorías coma mellor son.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Christian Friedel como Rudolf Höss
- Sandra Hüller como Hedwig Höss
- Johann Karthaus como Claus Höss
- Luis Noah Witte como Hans Höss
- Nele Ahrensmeier como Inge-Brigit Höss
- Lilli Falk como Heidetraut Höss
- Anastazja Drobniak, Cecylia Pekala e Kalman Wilson como Annegret Höss
- Medusa Knopf como Elfryda
- Maximilian Beck como Schwarzer
- Andrey Isaev como Bronek
- Stephanie Petrowitz como Sophie Stippel
- Julia Polaczek como Aleksandra
- Martyna Poznanski como Marta
- Zuzanna Kobiela como Aniela
- Marie Rosa Tietjen como amiga de Hedwig
- Imogen Kogge como nai de Hedwig
- Ralph Herforth como Oswald Pohl
- Daniel Holzberg como Gerhard Maurer
- Freya Kreutzkam como Eleonore Pohl
- Sascha Maaz como Arthur Liebehenschel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roxborough, Scott (26 de maio de 2023). "Cannes: A24 Closes Worldwide Deals for Jonathan Glazer's 'The Zone of Interest'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2023. Consultado o 8 de xuño de 2023.
- ↑ "The Zone of Interest (12A)". British Board of Film Classification. 7 de novembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2023. Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "THE ZONE OF INTEREST". Festival de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2023. Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ Vourlias, Christopher (19 de maio de 2023). "Poles Share Their Souls With the World". Variety. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2023. Consultado o 19 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Reino Unido propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hipes, Patrick (9 de xaneiro de 2024). "'The Zone Of Interest': Read The Screenplay For Jonathan Glazer's Searing Holocaust Drama About Humans' Capacity For Evil". Deadline.
- Filmes de 2023
- Filmes en lingua alemá
- Filmes en lingua polaca
- Filmes en lingua yiddish
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de Polonia
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Jonathan Glazer
- Filmes de Film4 Productions
- Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa
- Filmes de A24 Films
- Filmes sobre o holocausto
- Filmes rodados en Polonia
- Filmes ambientados en Berlín
- Filmes ambientados en 1943