Wikipedia:Efemérides destacadas/29 de agosto
Aparencia
- 1929, o dirixible alemán Graf Zeppelin realiza o primeiro voo ao redor do mundo.
- 1949, a Unión Soviética testa a súa primeira bomba atómica.
- 1958, nace Michael Jackson, cantante estadounidense.
- 2004, nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 o marroquí Hicham El Guerrouj consegue un dobrete histórico ao gañar a medalla de ouro na proba de 5.000 metros. Previamente lograra o título nos 1.500 metros. Dende que o finlandés Paavo Nurmi o fixo en París 1924, ningún outro atleta gañara os 1.500 e os 5.000 metros nos mesmos Xogos Olímpicos.
- 2005, o Furacán Katrina (na imaxe) toca terra en Luisiana, EEUU, como un furacán de categoría 4, inundando Nova Orleáns nun 80% e causando máis de 1.200 mortos no país.