Virxe (astroloxía)
Virxe | |
---|---|
Símbolo zodiacal | Virxe |
Duración (Tropical) | 23 de agosto - 22 de setembro[1] (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 18 de setembro - 17 de outubro (2024, UTC) |
Constelación | Virgo |
Elemento | Terra |
Calidade zodiacal | Mutable ou duplo |
Domicilio | Mercurio, Chiron e Pallas |
Detrimento | Neptuno e Xúpiter |
Exaltación | Mercurio |
Caída | Venus |
[ editar datos en Wikidata ] |
En astroloxía, Virxe[2] ou Virgo[3] (♍︎) é o sexto signo do zodíaco, o terceiro de natureza negativa (nocturna, pasiva, yin, feminina) e de calidade mutábel.[4][5] Simboliza o traballo e o seu símbolo representa unha virxe, pertence xunto a Tauro e Capricornio ó elemento terra.[6] Está rexido por Mercurio.[7]
Dado que o seu símbolo está representado por unha muller, foi identificada con varias deusas tales coma Artemisa e mesmo comparada con Afrodita. Para os romanos representaba a Ceres, a deusa da agricultura, as colleitas e a fecundidade, quen posúe unha espiga na súa man, de aí o nome da estrela Spica que pertence a esta constelación. Considérase que alguén é do signo Virxe cando nace entre o 22 ou 23 de agosto e o 22 ou 23 de setembro[8] segundo o zodíaco tropical ou entre o 17 de setembro e 17 de outubro segundo o zodíaco sideral. O seu oposto e compatíbel é Pisces.[9]
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía grega, a constelación de Virxe é a representación de Astrea, unha titánide, filla de Zeus e Temis, quen era a deusa virxe que levaba os raios de Zeus nos seus brazos. Foi tamén a derradeira inmortal que viviu entre os humanos durante a Idade dourada de Cronos, abandonando a Terra en último lugar cando esta se envileceu na Idade de Bronce. Zeus subiuna ó ceo, situándoa entre as estrelas como a constelación Virxe, e a balanza da xustiza que levaba nas mans converteuse na próxima constelación Libra. A recompensa pola súa lealdade cara a Zeus pode ser o permiso para conservar a súa virxindade (é a única virxe entre todas as Titánides) e un lugar entre as estrelas como a constelación Virxe (pois aínda que nacera coma unha deusa das estrelas, presumibelmente ó principio non era máis que unha sinxela estrela, coma os seus irmáns).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Poinsot 2015«Virgo.—From 23rd August to 22st September inclusive»
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para virxe.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para virgo.
- ↑ Kwak, Hyokjin; Jaju, Anupam; Zinkhan, George M. (2015). Spotts, Harlan E., ed. "Astrology: Its Influence on Consumers’ Buying Patterns and Consumers’ Evaluations of Products and Services". Proceedings of the 2000 Academy of Marketing Science (AMS) Annual Conference. Developments in Marketing Science: Proceedings of the Academy of Marketing Science (en inglés) (Springer International Publishing): 95. ISBN 9783319118857. doi:10.1007/978-3-319-11885-7_25. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ Campagnola, Katarina (2010). Astrology in the field of psychology : A study on Jung's typology and the four astrological elements. p. 16. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ Mitchell, V.-W. (1995). "Using astrology in market segmentation". Management Decision (en inglés): 53. ISSN 0025-1747. doi:10.1108/00251749510075383. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ Naz, R (2006-5). "Can astrological patterns predict fertility?". Sexuality, Reproduction and Menopause (en inglés) 4 (1): 33–37. doi:10.1016/j.sram.2006.03.009. Consultado o 17 de novembro de 2019.
- ↑ Tatum, J. B. (2010). "The Signs and Constellations of the Zodiac". Journal of the Royal Society of Canada. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ Silverman, Bernie I. (1 de marzo de 1971). "Studies of Astrology". The Journal of Psychology 77 (2): 141–149. ISSN 0022-3980. doi:10.1080/00223980.1971.9916861. Consultado o 15 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virxe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Poinsot. Encyclopedia Of Occult Scienses Vol. I Astrology (en inglés). Aegitas. ISBN 978-5-00-064709-7.