Saltar ao contido

Vincenzo Rennella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVincenzo Rennella

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Saint-Paul-de-Vence, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo24 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007 Association Sportive de Cannes Football 1(0)
2007–2008 FC Lugano 29(7)
2008–2009 cesión FC Lugano 22(24)
2008–2013   Genoa CFC 0(0)
2009–2011 cesión Grasshopper Club Zürich 31(9)
2011–2012 cesión AC Cesena 15(1)
2012–2013 cesión   Córdoba CF 33(7)
2013–   Real Betis Balompié
2013–2014 cesión   CD Lugo 35(13)
2014–2016   Real Betis Balompié 40(7)
2016–2016 cesión   Real Valladolid 8(1)

Vincenzo Renato Rennella, máis coñecido como Vincenzo Rennella ou Enzo Rennella, nado o 8 de outubro de 1988 en Saint-Paul-de-Vence, Alpes Marítimos (Provenza-Alpes-Costa Azul) é un futbolista profesional franco-italiano que xoga na posición de dianteiro no Miami FC.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado e criado en Francia, de pai italiano e nai francesa, comezou a xogar como xuvenil no AS Cannes, onde chegou debutar como profesional nun partido da terceira división do fútbol galo. En 2007 foi adquirido polo FC Lugano da Challenge League suíza, segunda categoría do fútbol helvético. No seu primeiro ano anota 7 goles, o que xunto coas súas boas actuacións espertan o interese do Genoa da Serie A italiana, que o contrata cedéndoo de novo ao Lugano. Nesa tempada consegue a marca de anotar 24 goles en 22 partidos, chegando a ter un rexistro de 16 goles nos 12 primeiros partidos de Liga, e sendo o máximo goleador da competición. En total no club suízo anotaría 31 goles en 51 partidos.

Ao ano seguinte da o salto de categoría, e o Genoa cédeo esta vez ao histórico Grasshopper da Super Liga suíza, onde estaría dúas tempadas, anotando 8 goles no seu segundo ano. Isto chama de novo a atención do fútbol italiano, polo que Rennella é cedido ao AC Cesena da máxima categoría do fútbol italiano. Debuta na competición o 30 de outubro de 2011 ante o Parma FC, anotando o seu primeiro e único gol o 22 de abril ante o Palermo.

Ao ano seguinte, o seu útlimo de contrato co Genoa, é cedido ao Córdoba da Segunda División española, onde anota 7 goles en 33, non chegando ao seu nivel habitual por mor do falecemento do seu pai durante a tempada. Porén, as súas boas actuación lévano a fichar por catro tempadas polo Real Betis, club da Primeira División, que o cede ao Club Deportivo Lugo. No conxunto galego, no seu primeiro partido como local no Anxo Carro, consegue anotar dous goles e dar unha asistencia ante o Real Jaén, racha que continuou anotando o gol da vitoria do Lugo ante o Real Zaragoza na Romareda e na seguinte xornada ante o Girona.

Club Categoría Ano PX Goles
AS Cannes Francia National 2006-2007 1 0
FC Lugano Suíza Challenge League 2007-2008 29 7
FC Lugano Suíza Challenge League 2008-2009 22 24
Grasshopper Suíza Super League 2009-2010 11 1
Grasshopper Suíza Super League 2010-2011 20 8
AC Cesena Italia Serie A 2011-2012 15 1
Córdoba CF España Liga Adelante 2012-2013 33 7
Lugo España Liga Adelante 2013-2014 35 13

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]