Ventris Gibson
Ventris C. Gibson Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1956 (68 anos) |
41ª Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
22 de xuño de 2022 – ← David J. Ryder | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade de Maryland |
Actividade | |
Ocupación | Directora da US Mint. |
Ventris C. Gibson é unha alta funcionaria do Goberno estadounidense, que en decembro de 2021 accedeu ao cargo de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gibson recibiu a súa formación superior na Universidade de Maryland.[1]
Logo exerceu unha longa carreira na Mariña dos Estados Unidos e posteriormente incorporouse ao Departamento de Asuntos dos Veteranos, onde dirixiu a Oficina de Xestión de Recursos Humanos (1996-1998) e foi subsecretaria adxunta de Xestión de Recursos Humanos (1998-2003). Durante a súa xestión, Ventris Gibson participou nunha investigación sobre as denuncias de acoso sexual no Hospital de Veteranos de Fayetteville, en Arcansas.[2] Na Administración estadounidense, foi tamén xefa de recuirsos humanos da Administración Federal de Aviación (2003-2010).[3]
Entre 2012 e 2013, Gibson exerceu o seu labor como consultora na compañía North Highland, de Atlanta, Xeorxia, e máis tarde incorporouse á Xunta Nacional de Relacións Laborais, onde ocupou o posto de xefa de recursos humanos en 2013 e directora administrativa en 2014. Entre 2014 e 2015 foi subsecretaria adxunta do Departamento de Saúde e Servizos Humanos. En outubro de 2021, Gibson incorporouse á Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), primeiro como subdirectora e logo como directora en funcións, como consecuencia da renuncia ao seu posto do anterior director, David J. Ryder.[4][5] Finalmente, foi nomeada directora titular polo presidente Joe Biden en decembro de 2021,[6][7][8][9] e confirmada no cargo polo pleno do Senado dos Estados Unidos o 15 de xuño de 2022.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ventris C. Gibson". United States Mint.
- ↑ Sexual Harassment in the VA and H.R. 1703, Department of Veteran's Affairs Employment Discrimination Prevention Act. U.S. Government Printing Office, Washington, 1998. Páxina 13. ISBN 978-0-16-056267-9
- ↑ Rottenberg, L. (2016). Crazy Is a Compliment: The Power of Zigging When Ever yone Else Zags. Penguin Pub. ISBN 978-1-59184-799-1
- ↑ Gibbs, W. T. (2021). "Ryder resigning as U.S. Mint director Oct. 1". En Coin World. 24 de setembro .
- ↑ Unser, M. (2021). "Ryder Resigns as U.S. Mint Director". En Coin News. 27 de setembro.
- ↑ "Treasury Announces New U.S. Mint Acting Director Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Just Real News. 24 de setembro de 2021.
- ↑ "President Biden Announces Key Nominees". The White House.
- ↑ Gilkes, P. (2022). "President Biden appoints his U.S. Mint director". En Coin World. 14 de xaneiro.
- ↑ Martínez Gallego, J. M. "El presidente Joe Biden nombra a Ventris C. Gibson directora de la US Mint Arquivado 01 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.". En Crónica Numismática.
- ↑ "Ventris C. Gibson Confirmed as 40th Director of the U.S. Mint". En Coins Weekly. 30 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: David J. Ryder |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Desde 2021 |
Sucesor: - |