Saltar ao contido

Terneuzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTerneuzen
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°17′N 3°50′L / 51.29, 3.83
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasZelandia Editar o valor en Wikidata
CapitalTerneuzen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Altena (en) Traducir
Axel (en) Traducir
Axelschestraat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 69+
Poboación
Poboación54.463 (2021) Editar o valor en Wikidata (171,25 hab./km²)
Número de fogares25.142 (2015) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie318,04 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Biervliet (en) Traducir e Hoek (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Terneuzen (en) Traducir Editar o valor en WikidataErik van Merrienboer (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4520–4523, 4530–4559 e 4570–4579 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Xiangtan (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webterneuzen.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: terneuzen Twitter: Gem_Terneuzen Instagram: gemeenteterneuzen LinkedIn: gemeente-terneuzen Youtube: UC_57QG82qCZHCBTTvvAZ00Q Editar o valor en Wikidata

Terneuzen é unha cidade e un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia, no medio do Flandres Zelandés. Con arredor de 55.000 habitantes é o concello máis populoso de Zelandia.

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]
Casa do Concello
Vista da cidade
  • Terneuzen (poboación: 24.150)
  • Axel (8.274)
  • Sas van Gent (4.000)
  • Zaamslag (3.018)
  • Hoek (3.000)
  • Koewacht (2.700)
  • Sluiskil (2.700)
  • Philippine (2.200)
  • Westdorpe (2.028)
  • Biervliet (1.671)
  • Zuiddorpe (1.000)
  • Zandstraat (379)
  • Spui (300)
  • Overslag (250)

A cidade de Terneuzen

[editar | editar a fonte]

A cidade de Terneuzen, atópase na beira sur do estuario Westerschelde. Pódese chegar dende o resto dos Países Baixos a través do túnel Westerschelde, que abriu as súas portas en marzo de 2003.

Mencionada por primeira vez en 1325, Terneuzen é un porto estratexicamente situado nas vías navegábeis de Gante, na actual Bélxica. Hoxe en día a canle Gante-Terneuzen, segue sendo unha importante ruta de transporte marítimo. O porto de Terneuzen é o terceiro máis grande nos Países Baixos, despois dos de Rotterdam e Ámsterdan. A maior planta de Dow Chemical Company fóra dos Estados Unidos atópase na cidade, no lado oeste da canle Gante-Terneuzen.

A tradición afirma que foi Terneuzen foi unha vez o fogar do lendario Holandés Errante (The Flying Dutchman), Van der Decken, un capitán que maldiciu a Deus e foi condenado a sucar os mares para sempre, como se describe na novela de Frederick Marryat, O buque pantasma e a ópera de Richard Wagner.

Recibiu en 1584 os dereitos de cidade. Antes de 1877, a cidade era chamada a miúdo Neuzen.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]