Saltar ao contido

Tachikawa Ki-36

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tachikawa Ki-36
Tipoavión de cooperación co exército
FabricanteTachikawa Hikōki
Primeiro voo20 de abril de 1938
Principais usuariosServizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés
Real Forza Aérea Tailandesa
Produción1938 - 1944
Unidades construídas1 334
VariantesTachikawa Ki-55

O Tachikawa Ki-36 (designado Ida polos Aliados) foi un avión de cooperación co exército xaponés da segunda guerra mundial. Era un aparello bipraza de á baixa cun motor de pistóns e tren de aterraxe convencional fixo.

Deseño e desnvolvemento

[editar | editar a fonte]

O prototipo, equipado cun motor de 450 cabalos Hitachi Ha-13, voou por vez primeira o 20 de abril de 1938. Tendo superado ao Mitsubishi Ki-35 en ensaios comparativos, o Ki-36 foi pedido para iniciar a súa produción en novembro de 1938. A fabricación rematou en xaneiro de 1944 despois da construción dun total de 1 334 unidades, 862 por parte de Tachikawa 862 e 472 por Kawasaki.[1]

Historial operacional

[editar | editar a fonte]

O Ki-36 entrou en acción por vez primeira na China onde tivo éxito. Posteriormente, no Pacífico, demostrou ser excesivamente vulnerable aos cazas inimigos. Despois foi trasladado ao máis seguro teatro chinés. Cara ao final da guerra o Ki-36 foi empregado como avión kamikaze cunha bomba de 500 kg instalada no seu exterior.[2]

Variantes

[editar | editar a fonte]
  • Ki-55: adestrador avanzado bipraza.
  • Ki-72: versión evolucionada cun motor Hitachi Ha-38 de 600 cabalos e tren de aterraxe retraíble. Non fabricada.

Operadoress

[editar | editar a fonte]
Adestrador Tachikawa Ki-36 no museo da Real Forza Aérea de Tailandia
República Popular da China
Indonesia
Xapón
Tailandia
  1. Francillon 1979, p. 254
  2. Francillon 1979, p. 253

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Francillon, Rene J. Japanese Aircraft of the Pacific War. Putnam Company Ltd, 1979. ISBN 9780370302515.