Suria (deus)
Aparencia
Suria ou Surya en sánscrito सूर्य (sūrya) é o Deus do Sol, adorado nos Vedas, as Escrituras Sagradas da India.
Fillo de Aditi (Espazo), a Nai de todos os deuses.
Esposo de Sañjñā (Conciencia Espiritual).
Os seus seguidores eran coñecidos como Sūryabhaktas.
Habitaba a esfera solar (Sūryaloka) e o seu Reino estendíase ata Sūryamaṇḍala, a extensión do espazo ata onde chegan os raios do Sol.
Segundo a lenda Suria báñase todas as postas de sol nos sagrados ríos Ganxes e Iamuna.
Epítetos
[editar | editar a fonte]Dina-kara (Criador do Día); Arha-pati (Señor do Día); Loka-cakṣus (O Ollo do Mundo); Karma-Sakchî (Testemuña dos actos dos homes); Sahasra-kiraṇa (O Provisto de Mil Raios) e Graha-rājā (Rei das Constelacións)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Râma Prasâd
- Vedas The Teosophical Glossary - 1892 - Ed. G. R. S. Mead (Glosario Teosófico) - Helena Petrovna Blavatsky