Saltar ao contido

St Albans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSt Albans
Imaxe

EpónimoAlbano da Inglaterra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°45′18″N 0°20′10″O / 51.755, -0.336
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLeste de Inglaterra
Condado cerimonialHertfordshire
District with city status (en) TraducirSt Albans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
St Albans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación82.146 (2011) Editar o valor en Wikidata (4.538,45 hab./km²)
Xeografía
Superficie18,1 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Harpenden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico01727 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webstalbans.gov.uk Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6090659

St Albans é a principal área urbana do distrito de St Albans, ao sur do condado de Hertfordshire (Inglaterra), a 35,5 km ao norte do centro de Londres.

Igrexa abacial e catedral de St Albans.

O territorio actual de St Albans estaba na antigüidade ocupado polos britanos (brittones), dos que deriva o nome de Britannia que lle deron os romanos cando fundaron a súa provincia nas terras centromeridionais de illa. Pobos gaélicos precederon aos Catuvellauni ou Cassivellauni, que estableceron o seu oppidum en Prae Hill, é dicir, ao redor de 1.500 m ao oeste do centro da cidade actual.

Foi unha das principais cidades da Britania romana, na que se coñecía co nome de Verulamium. Despois da retirada romana e antes de pasar a chamarse St Albans, a cidade chamouse Verlamchester ou Wæclingacaester. Nas súas proximidades tiveron lugar dúas fundamentais batallas durante a guerra das dúas rosas (1455-1485), que enfrontou polo trono de Inglaterra á casa de Lancaster coa de York: a primeira e a segunda batalla de Santo Albano.

O famoso pub Ye Olde Fighting Cocks.

A pesar da súa importancia histórica, St Albans é unha poboación relativamente suburbana. Moitas das súas vivendas foron construídas no século XX, no período entreguerras e durante a expansión da posguerra. Estímase que o 20 % da poboación viaxa a Londres para traballar, mentres que os negocios locais ocupan unhas 46.000 persoas, o 46 % das cales veñen doutras localidades.

A economía de St Albans baséase principalmente en oficinas, pequenas empresas, vendas polo miúdo e compañías turísticas, o 80 % das cales teñen menos de 10 empregados. Os alugueiros das vivendas son relativamente caros en comparación co resto de Inglaterra, debido principalmente a que está moi ben comunicada (especialmente por ferrocarril cara a Londres, aínda que tamén polas autoestradas M25 (circular de Londres) e M1.

St Albans é unha das localidades que se autoadxudican o título de teren máis pubs por metro cadrado (outras son Edimburgo, Norwich, Nottingham, Otley e Rochdale). Tamén presume de ter o pub máis antigo de Inglaterra, o Ye Olde Fighting Cocks.

A igrexa principal de St Albans, de estilo gótico e dedicada a santo Albano, data dos séculos XII a XIX. Inicialmente foi unha igrexa monacal e, desde 1877 é unha catedral.

Os principais xornais locais son o Herts Advertiser e o St Albans and Harpenden Review.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]