Solo (ximnasia)
Os exercicios de solo[Cómpre referencia] (tamén denominados ximnasia a mans libres) é unha das disciplinas que conforman o circuíto de ximnasia artística nas competicións deste deporte, masculinas e femininas[1]. A abreviatura desta proba para os eventos ximnásticos é FX, polo termo en inglés "floor exercise". Un exercicio de solo está composto principalmente de elementos acrobáticos, combinados con elementos ximnásticos de forza e de equilibrio, elementos de flexibilidade, apoios investidos e combinacións coreográficas, formando un exercicio con ritmo armonioso. As ximnastas executan, sobre un tapiz cadrado que non poden traspasar, unha coreografía de entre 70 e 90 segundos con acompañamento musical, mentres que os homes realizan esta rutina cunha duración entre 60 e 70 segundos sen música.[2] Na modalidade feminina inclúe elementos acrobáticos, flexibilidade, de danza, saltos e xiros con cambios de dirección.
Dimensións
[editar | editar a fonte]As características dest a disciplina, que son iguais para a modalidade masculina e feminina, están fixadas pola Federación Internacional de Ximnasia:
- Superficie: 12 m x 12 m.
- Zona de seguridade: 2 m[3]
Gañadores olímpicos nesta modalidade
[editar | editar a fonte]Masculino
[editar | editar a fonte]- 1932 István Pelle Hungría
- 1936 Georges Miez Suíza
- 1948 Ferenc Pataki Hungría
- 1952 William Thoresson Suecia
- 1956 Valentin Muratov Unión Soviética
- 1960 Nobuyuki Aihara Xapón
- 1964 Franco Menichelli Italia
- 1968 Sawao Kato Xapón
- 1972 Nikolai Andrianov Unión Soviética
- 1976 Nikolai Andrianov Unión Soviética
- 1980 Roland Brückner Alemaña Oriental
- 1984 Li Ning China
- 1988 Sergei Kharkov Unión Soviética
- 1992 Li Xiaoshuang China
- 1996 Ioannis Melissanidis Grecia
- 2000 Igors Vihrovs Letonia
- 2004 Kyle Shewfelt Canadá
- 2008 Zou Kai China
- 2012 Zou Kai China
- 2016 Max Whitlock Reino Unido
Feminino
[editar | editar a fonte]- 1952 Ágnes Keleti Hungría
- 1956 Ágnes Keleti Hungría
- 1960 Larisa Latynina Unión Soviética
- 1964 Larisa Latynina Unión Soviética
- 1968 Věra Čáslavská Checoslovaquia
- 1972 Olga Korbut Unión Soviética
- 1976 Nellie Kim Unión Soviética
- 1980 Nadia Comăneci Romanía
- 1984 Ecaterina Szabo Romanía
- 1988 Daniela Silivaş Romanía
- 1992 Lavinia Miloşovici Romanía
- 1996 Lilia Podkopayeva Ucraína
- 2000 Elena Zamolodchikova Rusia
- 2004 Cătălina Ponor Romanía
- 2008 Sandra Izbaşa Romanía
- 2012 Alexandra Raisman Estados Unidos
- 2016 Simone Biles Estados Unidos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apparatus Norms". FIG. p. II/52. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2011. Consultado o 2009-10-04.
- ↑ "Apparatus Norms". FIG. p. II/12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 19, 2011. Consultado o 2009-10-04.
- ↑ «Apparatus Norms» (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solo |