Sawao Kato
Sawao Kato (加藤 沢男 Katō Sawao?), nado o 11 de outubro de 1946, é un ximnasta xaponés retirado. Foi un dos máis laureados atletas olímpicos, obtendo entre 1968 e 1976 once medallas, das cales oito foron de ouro.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kato naceu na prefectura de Niigata e estudou na Universidade Tokyo Kyoiku. Competiu por primeira vez nuns xogos olímpicos en 1968, xunto co seu irmán máis vello Takeshi. Gañaron na competición, con Sawao conseguindo medallas en ximnasia rítmica e sobre o chan. Quedaron terceiros nos aros.[1]
Catro anos despois o equipo de ximnasia masculina xaponés dominou as Olimpíadas de 1972, obtendo 15 das 21 medallas individuais. Kato gañou medallas de ouro nas barras paralelas e de prata na barra horizontal e cabalo con alzas. Tentou obter unha terceira medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de verán de 1976, pero foi derrotado por Nikolai Andrianov. A competición do equipo estaba rematada, pero os xaponeses derrotaron os soviéticos por catro décimas de segundo, gañando o seu quinto título consecutivo. Kato pechou a súa carreira olímpica retendo o seu título nas barras paralelas.[1]
Kato é un dos dez atletas que gañaron oito ou máis medallas olímpicas de ouro. É un dos ximnastas masculinos de maior éxito nos Xogos Olímpicos: as súas oito medallas de ouro e doce medallas en total marcan un mellor rexistro cas sete de ouro de Nikolai Andrianov e quince en total, sete de ouro e trece en total de Boris Shakhlin, e que Takashi Ono con cinco de ouro e trece en total. Gañou máis medallas de ouro olímpicas que calquera outro deportista olímpico xaponés e é o segundo tras Ono no número total de medallas. En 2001, Kato foi introducido no International Gymnastics Hall of Fame (Salón da Fama Internacional de Ximnasia).[2]
En 2010, Kato foi nomeado profesor emérito da Universidade de Tsukuba.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sawao Kato Arquivado 05 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. sports-reference.com
- ↑ "SAWAO KATO". International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 12 de maio de 2007.
- ↑ The Statue of Dr. Jigoro Kano Unveiled Arquivado 12 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. University of Tsukuba. 1 de decembro de 2010.
- Nados en 1946
- Nados na prefectura de Niigata
- Medallistas olímpicos de ouro polo Xapón
- Medallistas olímpicos de prata polo Xapón
- Medallistas olímpicos de bronce polo Xapón
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas olímpicos en ximnasia
- Ximnastas olímpicos do Xapón
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1976