Saltar ao contido

Skoll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía nórdica, Skoll ou Sköll era un lobo que perseguía á deusa Sol a través dos ceos todos os días, co obxectivo de devorala.

Sköll ten un irmán, Hati, que perseguía ao deus Mani (a Lúa). Suponse que son fillos ou irmáns de Fenrir, e ao chegar o Ragnarok, tanto Skoll como Hati logran os seus obxectivos.