Vár
Aparencia
Na mitoloxía nórdica, Vár ou Vór (Antigo nórdico, significa "xuramento"[1] e "amada"[2]) é unha deusa asociada con xuramentos e os acordos. Vár aparece na Edda poética, unha obra do século XIII que é unha compilación a partir de fontes tradicionais, na Edda prosaica, escrita no mesmo século por Snorri Sturluson, na poesía skáldica e en inscricións rúnicas.